Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
             Francia             
Referendo sobre a independencia de Nova Caledonia de 2020
4 de outubro de 2020
Tipo Referendo
Debate(s) Queres que Nova Caledonia consiga a soberanía plena e se converta en independente?
Participación
  
85.64%

Resultados
Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2020
Si
  
46.74%
Non
  
53.26%

O referendo de independencia celebrouse en Nova Caledonia o 4 de outubro de 2020.[1] Inicialmente previsto para o 6 de setembro,[2] pospúxose ao 4 de outubro por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020.[3] Os electores puideron escoller entre continuar como parte de Francia ou converterse nun país independente. Finalmente, a independencia foi rexeitada polo 53,26% dos votos.[4]

Contexto[editar | editar a fonte]

Segundo o acordo de Numea de 1998, os neocaledonios poden levar a cabo até tres referendos de independencia; o primeiro en 2018, e despois dous máis en 2020 e en 2022, no caso de que os anteriores tivesen un resultado negativo. O primeiro celebrouse en novembro de 2018, co resultado sendo contrario á independencia por 56-44%.

En 2019, os membros da Unión Caledonia, Futuro con Confianza, a Fronte de Liberación Nacional Kanak Socialista e a Unión Nacional para a Independencia pediron que se levase a cabo outro referendo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nouvelle-Calédonie. Le référendum sur l’indépendance se déroulera le 4 octobre (en francés) Ouest France, 24 de xuño de 2020
  2. "New Caledonia to hold second independence referendum in 2020t" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019. 
  3. Ouest-France, ed. (24 de xuño de 2020). "Nouvelle-Calédonie. Le référendum sur l’indépendance se déroulera le 4 octobre" (en francés). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  4. "New Caledonia referendum: South Pacific territory rejects independence from France". Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  5. "Le Deuxième référendum" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]