Saltar ao contido

Referendo de independencia de Montenegro de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de independencia de Montenegro de 2006
 ← 1992 Editar o valor en WikidataSerbia e Montenegro Editar o valor en Wikidata
Data21 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado484.718 Editar o valor en Wikidata
419.236
   86.49٪
Número de votos válidos415.665    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 3.571
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Si
230.711   55.5٪
Gañador/a
Non
184.954   44.5٪

lang=gl Editar o valor en Wikidata

O 21 de maio de 2006 celebrouse un referendo de independencia en Montenegro.[1] Foi aprobado polo 55,5% dos votantes, superando por unha estreita marxe o limiar mínimo do 55% preciso para a aprobación. Contra o 23 de maio, os resultados preliminares do referendo foron recoñecidos polos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o que suxiriu un recoñecemento internacional xeneralizado se Montenegro chegase a ser formalmente independente. O 31 de maio a comisión do referendo confirmou oficialmente os resultados do referendo, verificando que o 55,5% dos votos válidos eran a prol da independencia.[2] Dado que os votantes cumpriron o controvertido limiar esixido do 55% de aprobación, o referendo incorporouse a unha declaración de independencia durante unha sesión parlamentaria extraordinaria o 31 de maio. O Asemblea da República de Montenegro fixo unha Declaración formal de Independencia o sábado 3 de xuño.[3]

En resposta ao anuncio, o goberno de Serbia declarouse a sucesor legal e político de Serbia e Montenegro,[4] e que o propio goberno e parlamento de Serbia axiña adoptarían unha nova constitución.[5] Os Estados Unidos, a China, Rusia e as institucións da Unión Europea expresaron todas as súas intencións de respectar os resultados do referendo.

  1. Dieter Nohlen & Philip Stöver (2010) Elections in Europe: A data handbook, p1372 ISBN 978-3-8329-5609-7
  2. "Republicka komisija za sprovodjenje referenduma o drzavnom statusu Republike Crne Gore". Republic Referendum Commission. 2006-07-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2006. Consultado o 2022-03-04. 
  3. "Montenegro declares independence". BBC News (en inglés). 2006-06-04. Consultado o 2024-11-14. 
  4. "Serbia inherits state and legal continuity of Serbia-Montenegro". Government of Serbia (en inglés). 31 de maio de 2006. Consultado o 2022-03-04. 
  5. "New constitution to be adopted with consensus of all parliamentary parties". Government of Serbia (en inglés). 31 de maio de 2006. Consultado o 2022-03-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]