Referendo da URSS de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Papeleta do referendo coas respostas a marcar Да (si) e Нет (non)
Tarxeta electoral de invitación ao voto

O domingo 17 de marzo de 1991, celebrouse un referendo sobre o futuro da Unión Soviética coa seguinte pregunta para os votantes:

«Vostede considera necesaria a preservación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas como unha federación renovada de repúblicas soberanas iguais na que serán garantidos plenamente os dereitos e a liberdade dun individuo de calquera nacionalidade?»[1]

O referendo fíxose co obxectivo de aprobar o Novo Tratado da Unión e foi alleo á reforma do sistema económico, cuestión que levase a cabo tras a vitoria de Borís Yeltsin nas eleccións.

En Casaquistán, a redacción do referendo cambiouse ao substituír "estados soberanos iguais" por "repúblicas soberanas iguais".[2] Aínda que o voto foi boicoteado polas autoridades de Armenia, Estonia, Xeorxia (aínda que non na provincia separatista de Abkhazia, onde o resultado foi máis do 98% a favor[3], e en Osetia do Sur [4]), Letonia, Lituania, Moldavia (aínda que non en Transnistria e Gagauzia),[5] a participación era do 80% na URSS.[6] O referendo foi aprobado polo menos polo 70% dos votantes das outras nove repúblicas que participaron. Foi o primeiro e único referendo da historia da Unión Soviética, que foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Resultado[editar | editar a fonte]

Alternativa Votos %
A favor 113,512,812 77.8
En contra 32,303,977 22.2
Votos anulados ou en branco 2,757,817
Total 148,574,606 100
Participación de votantes rexistrada 185,647,355 80.0
Fonte: Nohlen & Stöver [7]

Nas repúblicas participantes[editar | editar a fonte]

República A favor En contra Votosanulados



Totalde votos



Asistencia
Votos % Votos %
RSS de Acerbaixán 2,709,246 94.1 169,225 5.9 25,326 2,903,797 75.1
RSS de Bielorrusia 82.7 17.3 83.3
RSS de Casaquistán 95.6 4.4 88.2
RSS de Kirguizistán 94.5 5.5 96.4
RSFS de Rusia 56.860.783 71.3 28.7 75.4
RSS de Tadxiquistán 96.2 3.8 94.4
RSS de Turkmenistán 1,766,584 98.3 31,203 1.7 97.7
RSS de Ucraína 22.110.899 70.2 29.8 83.5
RSS de Usbequistán 9,196,848 94.8 5.2 9,830,782 95.6
Fonte: Nohlen e colaboradores

Nas repúblicas que o boicotearon[editar | editar a fonte]

Nestas repúblicas non se crearon as comisións electorais centrais, con todo, nalgúns distritos electorais o referendo foi levado a cabo voluntariamente.[8][9] A participación de votantes aquí foi inferior ao 50%, pero esta información non foi incluída na declaración oficial da Comisión Central do Referendo da URSS.[10]

República Total de votos



A favor En contra Votosanulados



Votos % Votos %
República de Armenia 3,549 2,549 71.6 966 27.2 42
República de Xeorxia[4] 210,556 208,181 98.9 1,575 0.7 800
República de Estonia 222,240 211,090 95.0 10,040 4.5 1,110
República de Letonia 436,783 415,147 95.1 18,015 4.1 3,621
República de Lituania 501,375 496,050 98.9 4,355 0.9 970
RSS de Moldavia 700,893 688,905 98.3 8,916 1.3 3,072

Preguntas adicionais[editar | editar a fonte]

En varias das repúblicas, foron engadidas preguntas adicionais á votación. En Rusia a pregunta inquiría acerca da instauración do posto de Presidente; en Kirguizistán, Ucraína e Usbequistán a pregunta foi sobre a soberanía das súas repúblicas como parte dunha nova unión.[6]

RSFS de Rusia[editar | editar a fonte]

Na RSFS de Rusia, a pregunta adicional foi sobre si debía crearse un posto electivo de Presidente cuxo resultado foi o 71.4% dos votos a favor.

As primeiras eleccións presidenciais en Rusia realizáronse o 12 de xuño de 1991 na aínda República Socialista Federativa Soviética de Rusia para escoller ao novo xefe de estado electo da república que, tras a disolución da URSS, converteríase en Presidente da Federación de Rusia.

RSS de Kirguizistán[editar | editar a fonte]

Na República Socialista Soviética de Kirguizistán, tamén se lle preguntou aos votantes, «Vostede está de acordo con que a República de Kirguizistán deba estar na unión renovada como unha república soberana coa igualdade de dereitos?». Foi aprobado polo 62,2% dos votantes, aínda que a participación foi só do 81,7%, fronte ao 92,9% no referendo de toda a unión.[11]

Alternativa Votos %
A favor 62.2
En contra 37.8
Votos anulados ou en branco -
Total 100
Fonte: Nohlen e colaboradores

RSS de Ucraína[editar | editar a fonte]

Pancarta en Markizivka, Ucraína

Na República Socialista Soviética de Ucraína, tamén se lle preguntou aos votantes, «Vostede está de acordo en que Ucraína debe ser parte da Unión de Repúblicas Soberanas Soviética sobre a base da Declaración de Soberanía Estatal de Ucraína?» Foi aprobado polo 81.7 dos votantes, cunha participación do 83.5.[6]

Alternativa Votos %
A favor 81.7
En contra 18.3
Votos anulados ou en branco -
Total 100
Fonte: Nohlen e colaboradores

RSS de Usbequistán[editar | editar a fonte]

Na República Socialista Soviética de Usbequistán, tamén se lle preguntou aos votantes, «Vostede está de acordo con que Usbequistán deba seguir sendo parte dunha unión renovada (federación) como unha república soberana con igualdade de dereitos?» Foi aprobado por 94,9% dos votantes, cunha participación do 95,5%.[1]

Alternativa Votos %
A favor 94.9
En contra 5.1
Votos anulados ou en branco 1.1
Total 9,824,304 100
Fonte: Nohlen e colaboradores

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dieter Nohlen, Florian Grotz, Christof Hartmann (2001). Elections in Asia and the Pacific: Middle East, Central Asia, and South Asia (en inglés). Oxford University Press. p. 492. 
  2. "Answers - The Most Trusted Place for Answering Life's Questions". Answers (en inglés). Consultado o 2022-04-18. 
  3. Toft, Monica Duffy (2005-11-06). The Geography of Ethnic Violence: Identity, Interests, and the Indivisibility of Territory (en inglés). Princeton University Press. ISBN 978-0-691-12383-7. 
  4. 4,0 4,1 ""Shevardnadze: o enfrontamento entre Eltsin e Gorbachov precipitou o colapso da URSS". RIA Novosti. 7 de abril de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2012. "A votación celebrouse só en Osetia do Sur, a rexión autónoma dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia, que levaba máis dun ano en guerra pola independencia da mesma".". sp.rian.ru/opinion_analysis; Referencia. 
  5. Troitski, Nikolai (22 de marzo de 2011). "Aniversario de un referendo sin perspectivas". RIA Novosti. Consultado o 23 de febreiro de 2012. Mentres tanto, Moldavia estaba dividida en dous: entre a poboación das autoproclamadas repúblicas de Gagauzia e Transnistria que se pronunciaba a favor da preservación da URSS, mentres que o resto de moldavos boicoteaban o plebiscito. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Referendum of March 1991 Russian History Encyclopedia en Answers.com (en inglés)
  7. Nohlen, Dieter; Stöver, Philip (2010). Elections in Europe: A Data Handbook (en inglés). Nomos. ISBN 978-3-8329-5609-7. 
  8. Об итогах референдума СССР, состоявшегося 17 марта 1991 года (Из сообщения Центральной комиссии референдума СССР) // Известия. — 1991. — 27 марта.
  9. (en ruso) Воля, которую мы потеряли... "Время" № 5. 16 марта 2001 года Arquivado 31 de marzo de 2022 en Wayback Machine.
  10. (en ruso) Сообщение Центральной комиссии референдума СССР об итогах референдума СССР, состоявшегося 17 марта 1991 года // Правда. — 1991. — 27 марта.
  11. Nohlen, Dieter; Grotz, Florian; Hartmann, Christof (2001-11-15). Elections in Asia and the Pacific: A Data Handbook: Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia (en inglés). OUP Oxford. ISBN 978-0-19-153041-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]