Reem Frainah
Reem Frainah | |
---|---|
Nacionalidade | Estado de Palestina |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Reem Omar Frainah (árabe: ريم عمر فرينة: ), máis coñecida como Reem Frainah, é unha activista dos dereitos humanos de Palestina. É tamén a Directora Executiva da Asociación Aisha para a Protección da Muller e do Neno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Reem Frainah traballou no campo da protección das mulleres e dos nenos en Palestina desde 1993.[1] Ademais do seu activismo, estudou matemáticas na universidade.[2] Despois de rematar a súa licenciatura, traballou como mestra na escola primaria. A través dun curso de formación dun ano no Gaza Community Mental Health Program (GCMHP, en galego Programa de Saúde Mental da Comunidade de Gaza), púxose en contacto con Eyad al-Sarraj. A través de el, interesouse na psicoloxía, e en 2011, rematou a súa Mestría en psicoloxía na Universidade Al-Azhar de Gaza. A súa disertación centrouse nas "tendencias cara o compromiso relixioso e a súa relación co axuste marital dunha mostra de parellas na cidade de Gaza."
Un dos programas dentro do GCMHP converteuse na Asociación Aisha para a Protección da Muller e do Neno (AISHA), unha organización independente de mulleres palestinas que traballa para conseguir a integración de xénero a través do apoderamento económico e o apoio psicosocial ós grupos marxinados na Franxa de Gaza co foco na cidade de Gaza e a Zona norte. Cando AISHA se converteu nunha institución independente en 2009, Frainah foi nomeada Coordinadora do Programa. Converteuse na Directora Executiva de AISHA en 2013.[3][2]
A maioría dos seus traballos inclúen a ensinanza, e proporcionar unha serie de servizos á maioría de mulleres e nenos máis marxinados de Gaza.[4] Tamén escribiu artigos, estudos e documentos de traballo, participou en seminarios sobre o tema, e organizou obradoiros con diferentes entidades, como representantes do Goberno palestino, o Banco de Palestina, Deutsche Gesellschaft für Internationale Zusammenarbeit entre outros.[5][6][7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "بعد تحقيق الهدف عن "اغتصاب المحارم".. جهات حقوقية وقانونية تكشف قصور السلطات" (en árabe). 2019-01-05. Consultado o 2020-04-16.
- ↑ 2,0 2,1 "Palestinian Women Facing Odds".
- ↑ "Aisha Association held its annual woman closing festival as an activity within campaign to elimination violence against women". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-12.
- ↑ "Palestinian woman: defenseless before the law and the occupation" (en castelán). 2016-08-04. Consultado o 2020-03-12.
- ↑ "يوم دراسي بقسم الخدمة الاجتماعية في الجامعة الإسلامية بغزة" (en árabe). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2018. Consultado o 2020-04-16.
- ↑ "قانون يمنع إصدار شهادة الوفاة إلا بعد توزيع الوِرث على الوَرَثة". Consultado o 2020-04-16.
- ↑ "برنامج غزة للصحة النفسية ينظم ورشة عمل بعنوان واقع الصحة النفسية في ظل الظروف الراهنة" (en árabe). Consultado o 2020-04-16.
- ↑ "بالصور: الشباب الرياديون يطلقون خطة العمل لعام 2016 بدير" (en árabe). 2016-04-11. Consultado o 2020-04-16.