Cravos vermellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Red Nails»)

Cravos vermellos
Portada en Weird Tales.
Título orixinalRed Nails
Autor/aRobert E. Howard
Ilustrador/aGeorge Barr
CubertaGeorge Barr
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónConan o bárbaro
Tema(s)Fantasía
Xénero(s)Conto
Editorial Donald M. Grant, Publisher
Galicia Urco Editora
Data de pub. 1936
Galicia 2016
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-84-15699-20-0
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

Cravos vermellos (titulado orixinalmente en inglés Red Nails) é un relato escrito polo autor estadounidense Robert E. Howard para o seu personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi o primeiro relato de Conan en ser publicado postumamente (a revista pulp Weird Tales publicouno en outubro de 1936 despois de que Howard se suicidara en xuño) e tamén foi o primeiro, e o único, no que aparece a personaxe feminina de Valeria, que máis tarde, en 1982, sería utilizada no filme Conan o bárbaro, con Arnold Schwarzenegger no papel de Conan e Sandahl Bergman no papel de Valeria, aínda que a historia narrada no filme non coincidise coa historia narrada en Cravos vermellos.

Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Logo de evitar a violación por un membro da tripulación de Zarallo, capitán pirata con quen se aliara, Valeria, a pirata da Irmandade Vermella, emprende unha fuxida desesperada polas selvas do sur do mundo hiborio. Durante a súa fuxida atópase con Conan o bárbaro, que naquel momento tamén era parte da banda de Zarallo. Conan seguiulle o rastro non só para protexela dos seus perseguidores senón tamén para tentar seducila, pois tamén el se sente atraído pola súa beleza. Ambos xa se coñecen e aínda que Valeria desconfía de Conan, a aparición dun dragón colosal obrígalles a correr a través dunha mesta selva. Acaban por conseguir refuxio no alto dun risco elevado e escarpado, fóra do alcance da besta, e dende alí divisan unha cidade, rodeada pola xungla, unha cidade cuxa existencia descoñecían. Tras conseguir vencer ó dragón, descenden do risco e dispóñense a explorar a cidade que acaban de descubrir. Unha vez alí o primeiro que constatan é que está medio en ruínas e abandonada, pero axiñan descobren tamén que as aparencias enganan e que en realidade non están sós no interior deses muros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urco Editora (ed.). "Conan IV en Urco Editora". Consultado o 9 de outubro de 2018.