Reconstrución mamaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resultado da reconstrución mamaria despois dunha mastectomía. Desaparición da mamila e unha visible cicatriz.

Unha reconstrución mamaria é un tipo de intervención médica que implica a reconstrución dun ou ambos seos, xeralmente nas mulleres. Utilízase tecido autólogo ou prótese para construír unha mama de aspecto natural. A miúdo isto inclúe a reformación da aréola e a mamila. Este procedemento implica o uso de implantes mamarios ou solapas de tecido do mesmo paciente.

Análise[editar | editar a fonte]

A parte principal do procedemento adoita levar a cabo inmediatamente despois da mastectomía. Como con moitas outras cirurxías, os pacientes con comorbilidades médicas significativas como son (presión arterial alta, obesidade, diabetes) e fumadores son candidatos de maior risco. Os cirurxiáns poden optar por realizar a reconstrución despois dun prazo para diminuír este risco. Hai pouca evidencia dispoñible de estudos aleatorios para favorecer a reconstrución inmediata ou tardía.[1] A taxa de infección pode ser maior coa reconstrución primaria (feito ó mesmo tempo que a mastectomía), pero hai beneficios psicolóxicos e financeiros ó ter unha soa reconstrución primaria. Os pacientes que agardan recibir radioterapia como parte do seu tratamento adxuvante son comunmente considerados para unha reconstrución serodia autóloga debido á maior porcentaxe de complicacións coas técnicas de implante expansor de tecidos neses pacientes. Agardar de seis meses a un ano pode diminuír o risco de complicacións. Porén, este risco sempre será maior nos pacientes que recibiron radioterapia.

A reconstrución mamaria diferida considérase máis difícil que a reconstrución inmediata. Con frecuencia non só o volume do seo necesita ser restaurado, senón tamén a superficie da pel. Moitos pacientes sometidos a reconstrución mamaria diferida foron previamente tratados con radiación ou tiveron un fallo durante a reconstrución inmediata da mama. En case todos os casos de reconstrución mamaria serodia, o tecido debe ser tomado doutra parte do corpo para formar a nova mama.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Immediate versus delayed reconstruction following surgery for breast cancer." (7). PMID 21735435. doi:10.1002/14651858.CD008674.pub2. 
  2. "Breast Reconstruction: Immediate or Delayed".