Reconstrución (Estados Unidos)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Reconstrución | |
|---|---|
| Historia do sur dos Estados Unidos | |
|
Instancia de
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
|
Acontecementos
| |
|
Precedido por
| |
|
Sucedido por
| |
| Características | |
|
Causa
| |
|
Causado por
| |
| Implicados | |
| Localización | |
|
Localización
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata C:Commons |
A Reconstrución foi o período posterior á guerra civil estadounidense no que os estados sureños que se uniran á Confederación se readmitiron na Unión. A invasión do Sur por parte da Unión, os ataques a obxectivos civís e a destrución de infraestruturas, xunto coa abolición da escravitude despois da guerra, levaron á aparición de resentimento entre moitos sureños brancos contra o goberno federal.
Abraham Lincoln presentou un plan para a reconstrución, pero o inmenso custo humano da guerra e os cambios sociais que provocou fixeron que o Congreso dos Estados Unidos readmitise aos estados secedentes sen impoñer condicións, como garantir a liberdade da poboación negra. Porén, aprobáronse leis para reinstaurar os estados do sur: as Leis de Dereitos Civís, as Leis de Reconstrución e algunhas emendas.
Durante a Reconstrución, o Partido Republicano tomou o control dos estados sureños ex-confederados e demócratas e chegou a un acordo sobre os requisitos para a readmisión.
Todos os estados do sur foron readmitidos en 1870, pero a Reconstrución continuou ata 1877, cando nas eleccións presidenciais de 1876 Rutherford B. Hayes, que contaba co apoio dos estados do norte, derrotou ao seu opoñente Samuel J. Tilden. Algúns historiadores afirman que Hayes gañou as eleccións a cambio de terminar co proceso da Reconstrución: esta teoría define o resultado das eleccións como o Compromiso de 1877. Non todos os historiadores están de acordo con esta interpretación; en calquera caso, esta data considérase o fin da Reconstrución, xa que os brancos norteños perderan o interese en intentar protexer á poboación negra do Sur do terrorismo supremacista branco que azotaba eses estados e da vulneración sistemática dos seus dereitos.
O fin da Reconstrución marcou o final do breve período de dereitos civís e liberdades para os afroamericanos no Sur, onde vivía a maioría deles. O Sur creou unha sociedade segregacionista a través das leis de Jim Crow e onde os membros da elite branca sureña (chamados "Bobón Democrats") tomaron claramente o control a través dun sistema case dun só partido, centrado na influencia dominante exercida polo Partido Demócrata sobre a política local, un sistema que chegaría a chamarse "O Sur Sólido". Ademais, as masas populares e ás veces mesmo as autoridades brancas do Sur comezaron a practicar o linchamento como ferramenta de terror racial, para manter a poboación negra baixo control e intimidalos para que non votasen ou exercesen os seus dereitos.[1]
- ↑ "History of Lynching in America". naacp.org (en inglés). Consultado o 2025-10-03.