Recoletos
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Concello | Madrid | ||||
| Distrito | Salamanca | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15.714 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 0,870857 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Recoletos é un dos seis barrios nos que se divide o distrito de Salamanca da cidade de Madrid (España). Neste barrio atópanse edificios cunha grande importancia, como a Biblioteca Nacional de España, o Museo Arqueolóxico Nacional de España ou a igrexa de San Manuel e San Benito. Tamén é unha importante zona comercial de artigos de luxo, concretamente na rúa de Serrano.
O barrio de Recoletos atópase limitado pola rúa Don Ramón da Cruz polo norte, Príncipe de Vergara e Menéndez Pelayo polo leste, Paseo da Castellana e Paseo de Recoletos polo oeste e a rúa Álcala polo sur.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Recoletos |
