Saltar ao contido

Receptor muscarínico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acetilcolina, o agonista natural dos receptores muscarínicos e nicotínicos.
Muscarina, un agonista usado para distinguir os receptores muscarínicos dos nicotínicos. Non se atopa normalmente no corpo.
Atropina, un antagonista.

Os receptores muscarínicos ou receptores de acetilcolina muscarínicos (mAChRs) son receptores da acetilcolina que forman complexos receptores acoplados á proteína G na membrana plasmática de certas neuronas[1] e outras células. Exercen varias funcións, incluíndo a de actuaren como os principais receptores terminais estimulados pola acetilcolina liberada pola fibra posganglionar. Atópanse principalmente no sistema nervioso parasimpático, mais tamén teñen un papel no sistema nervioso simpático no control das glándulas sudoríparas.[2]

Os receptores muscarínicos denomínanse así porque son máis sensibles á muscarina que a nicotina.[3] Os seus análogos, os receptores de acetilcolina nicotínicos (nAChRs), son canles iónicos receptores que son importantes no sistema nervioso autónomo. Moitos fármacos e outras substancias (por exemplo a pilocarpina e a escopolamina) manipulan estes dous tipos de receptores actuando como agonistas selectivos ou antagonistas.[4]

A acetilcolina (ACh) é un neurotransmisor atopado no cerebro, nas unións neuromusculares e os ganglios autónomos. Os receptores muscarínicos utilízanse nas seguintes funcións:

Receptores de recuperación

[editar | editar a fonte]
A estrutura do receptor de acetilcolina muscarínico M2.

A ACh é usada sempre como neurotransmisor dentro do ganglio autónomo. Os receptores nicotínicos da neurona posganglionar son responsables da despolarización rápida inicial (potencial postsináptico excitativo rápido) desa neurona. Como consecuencia desa, os receptores nicotínicos son a miúdo citados como receptores de neuronas posganglionares no ganglio. Porén, a subseguinte hiperpolarización (potencial postsináptico inhibitorio) e despolarización lenta que representa a recuperación da neurona posganglionar da estimulación, son en realidade mediados polos receptores muscarínicos dos tipos M2 e M1, respectivamente (como se discute máis adiante).[Cómpre referencia]

As fibras autónomas periféricas (fibras simpáticas e parasimpáticas) son categorizadas anatomicamente como preganglionares ou posganglionares, despois tamén clasificadas como fibras adrenérxicas, que liberan a noradrenalina, ou fibras colinérxicas, que liberan acetilcolina e expresan receptores de acetilcolina. Tanto as fibras preganglionares simpáticas coma parsimpáticas son colinérxicas. A maioría das fibras simpáticas posganglionares son adrenérxicas: o seu neurotransmisor é a noradrenalina, excepto as fibras posganglionares simpáticas das glándulas sudoríparas, músculos erectores dos pelos corporais e arteríolas dos músculos esqueléticos, que non usan adrenalina/noradrenalina.

A medula adrenal considérase equivalente a un ganglio simpático e, igual que outros ganglios simpáticos, recibe fibras preganglionares simpáticas colinérxicas: a acetilcolina é o neurotransmisor utilizado na sinapse. As células cromafíns da medula adrenal actúan como "neuronas modificadas", que liberan adrenalina e noradrenalina na corrente sanguínea, que actúan como hormonas en vez de como neurotransmisores. As outras fibras posganglionares do sistema nervioso autónomo periférico pertencen á división parasimpática; todas son fibras colinérxicas e usan a acetilcolina como neurotransmisor.

Neuronas posganglionares

[editar | editar a fonte]

Outro papel deses receptores é o que exercen na unión entre os tecidos innervados e as neuronas posganglionares na división parasimpática do sistema nervioso autónomo. Aquí, a acetilcolina úsase como neurotransmisor e os receptores muscarínicos forman os principais receptores do tecido innervado.

Tecido innervado

[editar | editar a fonte]

Moi poucas partes do sistema simpático usan receptores colinérxicos. Nas glándulas sudoríparas os receptores son de tipo muscarínico. O sistema nervioso simpático tamén ten algúns nervios preganglionares que terminan nas células cromafíns na medula adrenal, que segrega adrenalina (epinefrina) e noradrenalina (norepinefrina) na corrente sanguínea. As células cromafíns considéranse ás veces como fibras posganglionares modificadas do sistema nervioso central. Na medula adrenal, a acetilcolina utilízase como neurotransmisor, e o receptor e de tipo nicotínico.

O sistema nervioso somático usa un receptor nicotínico para a acetilcolina na unión neuromuscular.

Sistema nervioso central superior

[editar | editar a fonte]

Os receptores de acetilcolina muscarínicos están tamén presentes e distribuídas por todo o sistema nervioso local, en posicións post e presinápticas. Hai tamén probas de que os receptores postsinápticos das neuronas simpáticas permiten ao sistema nervioso parasimpático inhibir os efectos simpáticos.

Membrana presináptica da unión neuromuscular

[editar | editar a fonte]

Os receptores de acetilcolina muscarínicos aparecen tamén na membrana presináptica das neuronas somáticas da unión muscular, onde están implicados na regulación da liberación da acetilcolina.

Forma dos receptores muscarínicos

[editar | editar a fonte]

Os receptores de acetilcolina muscarínicos pertencen a unha clase de receptores metabotópicos que usan as proteínas G como mecanismo de sinalización. En ditos receptores, a molécula sinalizadora (o ligando) únese a un receptor monómero que ten rexións sete transmembrana (cruza a membrana sete veces); neste caso, o ligando é a ACh. Este receptor está unido a proteínas intracelulares, chamadas proteínas G, que dan comezo ao cadoiro de información dentro da célula.[5]

Ao contrario, os receptores nicotínicos forman complexos pentámeros e usan un mecanismo de canle iónica regulada por ligando para a sinalización. Neste caso, a unión de ligandos co receptor causa a abertura dunha canle iónica, permitindo que difundan un ou máis tipos específicos de ións (por exemplo, K+, Na+, Ca2+) ao interior ou ao exterior da célula.

Isoformas do receptor

[editar | editar a fonte]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Usando un agonista etiquetado radioactivamente e substancias antagonistas, determináronse cinco subtipos de receptores muscarínicos, denominados M1–M5 (usando un M maiúsculo e un número de subíndice).[6] Os receptores M1, M3 e M5 están acoplados a proteínas Gq, mentres que os receptores M2 e M4 están acoplados a proteínas Gi/o.[5] Hai outros sistemas de clasificación. Por exemplo, o fármaco pirenzepina é un antagonista muscarínico (diminúe o efecto da ACh), que é moito máis potente nos receptores M1 que nos outros subtipos. A aceptación de varios subtipos procedeu por orde de descubrimento, por tanto, na literatura vella pode que só se recoñezan os M1 e M2, mentres que en traballos posteriores xa se recoñecen o M3, M4, e máis recentemente o M5.[Cómpre referencia]

Diferenzas xenéticas

[editar | editar a fonte]

Mentres tanto, os xenetistas e biólogos moleculares estiveron caracterizando os cinco xenes que parecen codificar os receptores muscarínicos, e nomeáronos de m1 a m5 (neste caso con m minúsculo e o número non é subíndice). Codifican os tipos farmacolóxicos M1 a M5 de receptores. Os xenes m1 e m2 determináronse baseándose na secuenciación parcial das proteínas receptoras M1 e M2. Os outros encontráronse buscando a homoloxía por medio de técnicas bioinformáticas.

Diferenza en proteínas G

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Proteína G.

As proteínas G conteñen unha subunidade alfa que é esencial para o funcionamento dos receptores. Estas subunidades poden ter diversas formas. Hai catro grandes clases de formas de proteínas G: Gs, Gi, Gq e G12/13.[7] Os receptores muscarínicos varían na proteína G á cal están unidos, con algunha correlación segundo o tipo de receptor. As proteínas G tamén se clasifican de acordo coa susceptibilidade á toxina do cólera (CTX) e á toxina pertussis (PTX, da tose ferina). A Gs e algúns subtipos da Gi (Gαt e Gαg) son susceptibles á CTX. A Gi é a única susceptible á PTX, coa excepción dun subtipo de Gi (Gαz) que é inmune. Ademais, só cando están unidas ao agonista, estas proteínas G normalmente sensibles á PTX tamén se fan susceptibles á CTX.[8]

As diversas subunidades de proteína G actúan de forma diferente cos segundos mensaxeiros, regulando á alza as fosfolipases, regulando á baixa o AMP cíclico etc.

Debido ás fortes correlacións co tipo de receptor muscarínico, a CTX e a PTX son ferramentas experimentais útiles para investigar estes receptores.

Comparación de tipos
Tipo Xene Función PTX CTX Efectores Agonistas[9] Antagonistas[9]
M1CHRM1 non
(si)
non
(si)
Gq
(Gi)
(Gs):
Potencial postsináptico excitaroio lento.
↓ condutancia de K+[12][16]
M2CHRM2 sinonGi
↑ condutancia de K+[12]
↓ condutancia de Ca2+[12]


M3CHRM3 nonnonGq
M4CHRM4 si?Gi
↑ condutancia de K+[12]
↓ condutancia de Ca2+[12]


M5CHRM5 non?Gq

Fíxose unha revisión da selectividade de subtipo de receptor de acetilcolina muscarínico dun gran número de fármacos antimuscarínicos.[28]

Receptor M1

[editar | editar a fonte]

Este receptor é mediador do potencial postsináptico excitativo lento nos ganglios e nervios posganglionares[29] e é común en glándulas exócrinas e no sistema nervioso central.[30][31]

Atópase predominantemente unido a proteínas G da clase Gq,[32] que usan a regulación á alza da fosfolipase C e, por tanto, do inositol trisfosfato e o calcio intracelular como vía de sinalización. Un receptor así unido non é susceptible á CTX nin á PTX. Con todo, a Gi (que causa unha diminución augas abaixo de AMP cíclico) e a Gs (que causa un incremento do AMP cíclico) tamén se observou que están implicadas en interaccións en certos tecidos e, dese xeito, serían susceptibles á PTX e CTX, respectivamente.

Receptor M2

[editar | editar a fonte]

Os receptores muscarínicos M2 están localizados no corazón e pulmóns. No corazón, actúan facendo máis lenta a frecuencia cardíaca por debaixo da liña basal normal do ritmo sinusal, facendo máis lenta a velocidade de despolarización. En humanos, en condicións restrinxidas, a actividade vagal domina sobre a simpática. Por tanto, a inhibición de receptores M2 (por exemplo pola atropina) causa un aumento da frecuencia cardíaca. Tamén reduce moderadamente a forza do músculo cardíaco auricular, e reduce a velocidade de condución do nodo auriculoventricular. Tamén serve para diminuír lixeiramente as forzas contráctiles do músculo ventricular.

Os receptores muscarínicos M2 actúan por medio do receptor de tipo Gi, o cal causa unha diminución do AMP cíclico na célula, inhibición das canles de Ca2+ reguladas por voltaxe, e un incremento do efluxo de K+, en xeral, orixinando efectos de tipo inhibitorio.

Receptor M3

[editar | editar a fonte]

Os receptores muscarínicos M3 están localizados en moitas partes do corpo. Atópanse nos músculos lisos dos vasos sanguíneos, así como nos pulmóns. Como o receptor M3 está acoplado a Gq e é mediador dun incremento do calcio intracelular, causa a contracción do músculo liso, como se observa durante a broncoconstrición e o baleirmento urinario.[33] Porén, con respecto á vasculatura, a activación dos M3 nas células endoteliais vasculares causa un aumento da síntese de óxido nítrico, que difunde ás células de músculo liso vasculares adxacentes e causa a súa relaxación, o que explica o efecto paradoxal dos parasimpaticomiméticos sobre os tons vascular e bronquiolar. De feito, coa estimulación directa do músculo liso vascular, o M3 é mediador da vasoconstrición en doenzas nas que o endotelio vascular está alterado.[34] Os receptores M3 están tamén localizados en moitas glándulas, o cal axuda a estimular a secreción en, por exemplo, as glándulas salivares, así como noutras glándulas do corpo.

Igual que o receptores muscarínicos M1, os M3 está formados por proteínas G da clase Gq que regulan á alza a fosfolipase C e, por tanto, o inositol trisfosfato e o calcio intracelular como vía de sinalización.[5]

Receptor M4

[editar | editar a fonte]

Os receptores muscarínicos M4 encóntranse no sistema nervioso central. Están localizados nas células proxenitoras eritroides en tecidos periféricos e modulan a vía do AMP cíclico para regular a diferenciación da célula proxenitora eritroide. As terapias que teñen como diana os receptores M4 tratan a síndrome mielodisplástica e a anemia que son refractarias á eritropoetina.[24][25][26][27]

Os receptores M4 funcionan como receptores Gi facendo decrecer o AMP cíclico na célula e, así, producen xeralmente efectos inhibitorios. Pode orixinarse un broncoespasmo se son estimulados por un agonista muscarínico.

Receptor M5

[editar | editar a fonte]

A localización dos receptores M5 non se coñece ben.

Igual que os receptores muscarínicos M1 e M3, os receptores M5 están acoplados a proteínas G da clase Gq que regulan á alza a fosfolipase C e, por tanto, o inositol trisfosfato e o calcio intracelular como vía de sinalización.[Cómpre referencia]

Aplicación farmacolóxica

[editar | editar a fonte]

Os ligandos que teñen como diana os mAChR que están aprobados actualmente para uso clínico inclúen antagonistas non selectivos para o tratamento da doenza de Parkinson,[35] atropina (para dilatar a pupila), escopolamina (usada para previr a cinetose), e ipratropio (usado no tratamento da EPOC).[4][36]

En 2024, a FDA norteamericana aprobou o fármaco KarXT (Cobenfy), que é unha combinación de fármacos que contén xanomelina (un agonista que actúa preferentemente nos receptores de acetilcolina muscarínicos M1/M4) e trospio (ou trospium, un antagonista pan-mAChR restrinxido perifericamente que se usa na esquizofrenia).[37] Nos ensaios clínicos iniciais con pacientes de gravidade moderada a alta sen historia de resistencia ao tratamento, demostrou unha eficacia aproximadamente equivalente á doutros antipsicóticos (mellora de 20 puntos no PANSS fronte a unha mellora de 10 puntos do placebo), cun perfil de efectos secundarios notablemente diferentes (proporción moi baixa de efectos metabólicos, hipotensión, cambios de peso, ou EPS) con taxas cun menor número de informes de náuseas e estrinximento. Non se publicaron datos de ensaios sobre o uso en combinación con outros antipsicóticos, o uso no tratamento de pacientes resistentes ou comparacións con outros medicamentos. Ese é o primeiro fármaco antipsicótico aprobado que usa un mecanismo de acción muscarínico, pero moitos outros están en desenvolvemento.[37]

  1. Eglen RM (xullo de 2006). "Muscarinic receptor subtypes in neuronal and non-neuronal cholinergic function". Autonomic & Autacoid Pharmacology 26 (3): 219–33. PMID 16879488. doi:10.1111/j.1474-8673.2006.00368.x.
  2. Kudlak, Megan; Tadi, Prasanna (2024). Physiology, Muscarinic Receptor. StatPearls (Treasure Island (FL): StatPearls Publishing). PMID 32310369. Consultado o 2024-06-07.
  3. Ishii M, Kurachi Y (2006). "Muscarinic acetylcholine receptors". Current Pharmaceutical Design 12 (28): 3573–81. PMID 17073660. doi:10.2174/138161206778522056. Arquivado dende o orixinal o 2009-02-05. Consultado o 2020-04-10.
  4. 1 2 Purves, Dale, George J. Augustine, David Fitzpatrick, William C. Hall, Anthony-Samuel LaMantia, James O. McNamara, and Leonard E. White (2008). Neuroscience. 4ª ed. Sinauer Associates. pp. 122–6. ISBN 978-0-87893-697-7.
  5. 1 2 3 4 5 6 Qin K, Dong C, Wu G, Lambert NA (agosto de 2011). "Inactive-state preassembly of G(q)-coupled receptors and G(q) heterotrimers". Nature Chemical Biology 7 (10): 740–7. PMC 3177959. PMID 21873996. doi:10.1038/nchembio.642.
  6. Caulfield MP, Birdsall NJ (xuño de 1998). "International Union of Pharmacology. XVII. Classification of muscarinic acetylcholine receptors". Pharmacological Reviews 50 (2): 279–90. PMID 9647869. doi:10.1016/S0031-6997(24)01362-0.
  7. Simon MI, Strathmann MP, Gautam N (maio de 1991). "Diversity of G proteins in signal transduction". Science 252 (5007): 802–8. Bibcode:1991Sci...252..802S. PMID 1902986. doi:10.1126/science.1902986.
  8. Dell'Acqua ML, Carroll RC, Peralta EG (marzo de 1993). "Transfected m2 muscarinic acetylcholine receptors couple to G alpha i2 and G alpha i3 in Chinese hamster ovary cells. Activation and desensitization of the phospholipase C signaling pathway". The Journal of Biological Chemistry 268 (8): 5676–85. PMID 8449930. doi:10.1016/S0021-9258(18)53372-X. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 12 de novembro de 2025.
  9. 1 2 Tripathi KD (2004). Essentials of Medical Pharmacology (5ª ed.). India: Jaypee Brothers, Medical Publishers. pp. 890 pages. ISBN 978-81-8061-187-2. se non se menciona nada máis na táboa
  10. Smith RS, Araneda RC (decembro de 2010). "Cholinergic modulation of neuronal excitability in the accessory olfactory bulb". Journal of Neurophysiology 104 (6): 2963–74. PMC 3007668. PMID 20861438. doi:10.1152/jn.00446.2010.
  11. Egorov AV, Hamam BN, Fransén E, Hasselmo ME, Alonso AA (novembro de 2002). "Graded persistent activity in entorhinal cortex neurons". Nature 420 (6912): 173–8. Bibcode:2002Natur.420..173E. PMID 12432392. doi:10.1038/nature01171.
  12. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 Rang HP, Dale MM, Ritter JM, Moore PK (2003). "Ch. 10". Pharmacology (5ª ed.). Elsevier Churchill Livingstone. p. 139. ISBN 978-0-443-07145-4.
  13. 1 2 3 4 5 Carlson, AB; Kraus, GP (2019). "article-19473". Physiology, Cholinergic Receptors. Treasure Island (FL): StatPearls Publishing. PMID 30252390. Consultado o 7 de xaneiro de 2020.
  14. 1 2 Abrams P, Andersson KE, Buccafusco JJ, Chapple C, de Groat WC, Fryer AD, et al. (xullo de 2006). "Muscarinic receptors: their distribution and function in body systems, and the implications for treating overactive bladder". British Journal of Pharmacology (Wiley) 148 (5): 565–78. PMC 1751864. PMID 16751797. doi:10.1038/sj.bjp.0706780.
  15. 1 2 Ghelardini C, Galeotti N, Lelli C, Bartolini A (2001). "M1 receptor activation is a requirement for arecoline analgesia". Farmaco 56 (5–7): 383–5. PMID 11482763. doi:10.1016/s0014-827x(01)01091-6. hdl:2158/327019.
  16. Uchimura N, North RA (marzo de 1990). "Muscarine reduces inwardly rectifying potassium conductance in rat nucleus accumbens neurones". The Journal of Physiology 422 (1): 369–80. PMC 1190137. PMID 1693682. doi:10.1113/jphysiol.1990.sp017989. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-30. Consultado o 2008-02-25.
  17. Kitamura Y, Kaneda T, Nomura Y (xaneiro de 1991). "Effects of nebracetam (WEB 1881 FU), a novel nootropic, as a M1-muscarinic agonist". Japanese Journal of Pharmacology 55 (1): 177–80. PMID 2041225. doi:10.1254/jjp.55.177.
  18. Lameh J, Burstein ES, Taylor E, Weiner DM, Vanover KE, Bonhaus DW (agosto de 2007). "Pharmacology of N-desmethylclozapine". Pharmacology & Therapeutics 115 (2): 223–31. PMID 17583355. doi:10.1016/j.pharmthera.2007.05.004.
  19. 1 2 3 Edwards Pharmaceuticals, Inc.; Belcher Pharmaceuticals, Inc. (maio de 2010). "ED-SPAZ- hyoscyamine sulfate tablet, orally disintegrating". DailyMed. U.S. National Library of Medicine. Consultado o J13 de xaneiro de 2013.
  20. 1 2 Servent D, Blanchet G, Mourier G, Marquer C, Marcon E, Fruchart-Gaillard C (novembro de 2011). "Muscarinic toxins". Toxicon 58 (6–7): 455–63. Bibcode:2011Txcn...58..455S. PMID 21906611. doi:10.1016/j.toxicon.2011.08.004.
  21. 1 2 Karlsson E, Jolkkonen M, Mulugeta E, Onali P, Adem A (setembro de 2000). "Snake toxins with high selectivity for subtypes of muscarinic acetylcholine receptors". Biochimie 82 (9–10): 793–806. PMID 11086210. doi:10.1016/S0300-9084(00)01176-7.
  22. 1 2 3 Wishart, David S.; Guo, An Chi; Oler, Eponine; Wang, Fel; Anjum, Afia; Peters, Harrison; Dizon, Raynard; Sayeeda, Zinat; Tian, Siyang; Lee, Brian L.; Berjanskii, Mark; Mah, Robert; Yamamoto, Mai; Jovel Castillo, Juan; Torres Calzada, Claudia; Hiebert Giesbrecht, Mickel; Lui, Vicki W.; Varshavi, Dorna; Varshavi, Dorsa; Allen, Dana; Arndt, David; Khetarpal, Nitya; Sivakumaran, Aadhavya; Harford, Karxena; Sanford, Selena; Yee, Kristen; Cao, Xuan; Budinsky, Zachary; Liigand, Jaanus; Zhang, Lun; Zheng, Jiamin; Mandal, Rupasri; Karu, Naama; Dambrova, Maija; Schiöth, Helgi B.; Gautam, Vasuk. "Showing metabocard for Arecoline (HMDB0030353)". Human Metabolome Database, HMDB. 5.0.
  23. Melchiorre C, Angeli P, Lambrecht G, Mutschler E, Picchio MT, Wess J (decembro de 1987). "Antimuscarinic action of methoctramine, a new cardioselective M-2 muscarinic receptor antagonist, alone and in combination with atropine and gallamine". European Journal of Pharmacology 144 (2): 117–24. PMID 3436364. doi:10.1016/0014-2999(87)90509-7.
  24. 1 2 Trivedi G, Inoue D, Chen C, Bitner L, Chung YR, Taylor J, Gönen M, Wess J, Abdel-Wahab O, Zhang L (setembro de 2019). "Muscarinic acetylcholine receptor regulates self-renewal of early erythroid progenitors". Science Translational Medicine 11 (511 (número de artigo: eaaw3781)). PMC 7194030. PMID 31554738. doi:10.1126/scitranslmed.aaw3781.
  25. 1 2 Baeten J, Liu W, Preddy I, Zhou N, McNerney M (xaneiro de 2022). "CRISPR screening in human hematopoietic stem and progenitor cells reveals an enrichment for tumor suppressor genes within chromosome 7 commonly deleted regions". Leukemia 36 (5): 1421–1425. PMC 9064908. PMID 35034954. doi:10.1038/s41375-021-01491-z.
  26. 1 2 Trivedi G, Inoue D, Zhang L (Oct 2021). "Targeting low-risk myelodysplastic syndrome with novel therapeutic strategies". Trends in Molecular Medicine 27 (10): 990–999. PMC 8487963. PMID 34257007. doi:10.1016/j.molmed.2021.06.013.
  27. 1 2 Jotte M, McNerney M (Mar 2022). "The significance of CUX1 and chromosome 7 in myeloid malignancies". Current Opinion in Hematology 29 (2): 92–102. PMC 8795693. PMID 35084368. doi:10.1097/MOH.0000000000000699.
  28. Lavrador M, Cabral AC, Veríssimo MT, Fernandez-Llimos F, Figueiredo IV, Castel-Branco MM (xaneiro de 2023). "A Universal Pharmacological-Based List of Drugs with Anticholinergic Activity". Pharmaceutics 15 (1): 230. PMC 9863833. PMID 36678858. doi:10.3390/pharmaceutics15010230.
  29. Wehrwein EA, Orer HS, Barman SM (xullo de 2016). "Overview of the Anatomy, Physiology, and Pharmacology of the Autonomic Nervous System". Comprehensive Physiology 6 (3): 1258–1261. ISBN 978-0-470-65071-4. PMID 27347892. doi:10.1002/cphy.c150037.
  30. Johnson, Gordon (2002). PDQ Pharmacology (2ª ed.). Hamilton, Ontario: BC Decker Inc. pp. 311 pages. ISBN 978-1-55009-109-0.
  31. Richelson, Elliott (2000). "Cholinergic Transduction, Psychopharmacology - The Fourth Generation of Progress". American College of Neuropsychopharmacology. Consultado o 2007-10-27.
  32. Burford NT, Nahorski SR (maio de 1996). "Muscarinic m1 receptor-stimulated adenylate cyclase activity in Chinese hamster ovary cells is mediated by Gs alpha and is not a consequence of phosphoinositidase C activation". The Biochemical Journal 315 (3): 883–8. PMC 1217289. PMID 8645172. doi:10.1042/bj3150883.
  33. Moro C, Uchiyama J, Chess-Williams R (decembro de 2011). "Urothelial/lamina propria spontaneous activity and the role of M3 muscarinic receptors in mediating rate responses to stretch and carbachol". Urology 78 (6): 1442.e9–15. PMID 22001099. doi:10.1016/j.urology.2011.08.039.
  34. Keith Parker; Laurence Brunton; Goodman, Louis Sanford; Lazo, John S.; Gilman, Alfred (2006). Goodman & Gilman's the pharmacological basis of therapeutics (11tª ed.). Nova York: McGraw-Hill. pp. 185. ISBN 978-0-07-142280-2.
  35. Langmead CJ, Watson J, Reavill C (febreiro de 2008). "Muscarinic acetylcholine receptors as CNS drug targets". Pharmacology & Therapeutics 117 (2): 232–43. PMID 18082893. doi:10.1016/j.pharmthera.2007.09.009.
  36. Matera C, Tata AM (2014). "Pharmacological approaches to targeting muscarinic acetylcholine receptors". Recent Patents on CNS Drug Discovery 9 (2): 85–100. PMID 25413004. doi:10.2174/1574889809666141120131238.
  37. 1 2 Kingwell, Katie (2024-09-26). "FDA approves first schizophrenia drug with new mechanism of action since 1950s". Nature Reviews Drug Discovery (en inglés) 23 (11): 803. PMID n 39333712 n |pmid= incorrecto (Axuda). doi:10.1038/d41573-024-00155-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]