Rebeca Rods

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRebeca Rods
Biografía
NacementoVigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata

Rebeca Rods, nada en Vigo, é unha cantante e compositora galega de Soul, Funk e sobre todo Gospel.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do tenor Manuel Sirera.[2][3] Formouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Con só un ano xa cantaba e aos oito empezou a súa carreira musical. En 2001 marchou estudar a Madrid facéndose Mestra de Música na Universidade Complutense. Continou a formación en canto coral e deu clases durante seis anos na Escuela Coral de Madrid.[4] En 2009 creou o seu propio coro de Gospel: Black Light Gospel Choir. En 2011 publicou o seu primeiro disco Black Light Gospel Choir que se converteu en coro oficial de programas como Factor X, La Voz e La Voz Kids. En 2012 publicou Gospel Revolution. En 2015 Live at Joy gravado en directo na sala JOY Eslava e mesturado en Los Ángeles. En 2021 saíu Gospel Symphony no que fusionao góspel, rock e temas propios coa música sinfónica.[4]Conta con colaboracións como Bazil Meade, director do London Gospel Choir, Markanthony Henry, director de The New York City Gospel, e a do actor e cantante Gerónimo Rauch. Pecha o disco cun tema propio, Ensíname, a súa primeira gravación en galego.[2][5]

Rebeca Rods ten colaborado con Alejandro Sanz, Raphael, Laura Pausini, Patti Austin, Pastora Soler, Pitingo, El Barrio, Edurne, Soraya, Paulina Rubio, Carlos Baute, Chenoa, Coti, Marta Sánchez, Malú, Rosa López … Traballou como vocal coach en GOT Talent España, fixo dobraxes en Walt Disney/Pixar e gravou spts publicitarios e cabeceiras de radio e tv. Creou un proxecto de escola Rebeca Rods - Escuela Coral para aprender canto coral.[4]

Estivo tres veces en Eurovisión, con D´Nash no 2007 en Helsinqui, con Pastora Soler en Bakú no 2012 e con Barei en Estocolmo no 2016.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2011: Black Light Gospel Choir
  • 2012: Gospel Revolution
  • 2015: Live at Joy
  • 2021: Gospel Symphony

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2ice. "Rebeca Rods". SoulSpain.com - Soul Funk RnB Espana Spain (en castelán). Consultado o 2022-02-02. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "La viguesa que estuvo tres veces en Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-02. Consultado o 2022-02-02. 
  3. "Manuel Sirera, veintiocho años de zarzuela, ópera y canto". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-02-02. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Biografía actualizada de Rebeca Rods.". Escuela Coral Rebeca Rods (en castelán). Consultado o 2022-02-02. 
  5. Atlántico (2019-02-01). "El Gospel, con DNI vigués, dará el do de pecho con Rebeca Rods". Atlántico (en castelán). Consultado o 2022-02-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]