Realidade aumentada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rastrexador Samsung SARI AR SDK empregado no xogo AR EdiBear (Android OS).
O xogo AR Tower Defense nun móbil Nokia N95 (Symbian OS) emprega marcadores de referencia.

A realidade aumentada (RA) é unha forma de visión directa ou indirecta dunha contorna física do mundo real, cuxos elementos están aumentados (ou substituídos) por contidos xerados por computador, como son, vídeo, gráficos ou datos de GPS. Está estreitamente relacionado cun concepto máis xeral chamado realidade mediada, na cal a visión da realidade é modificada (posiblemente máis diminuída que aumentada) por un computador. Como resultado, as funcións da tecnoloxía reforzan a percepción actual da realidade.[1] Pola contra, a realidade virtual subtitúe o mundo real por un simulado.[2][3] O aumento é convencionalmente en tempo real e nun contexto semántico con elementos da contorna, como as puntuacións deportivas nun encontro televisado. Coa axuda da RA avanzada (por exemplo engadindo visión artificial e recoñecemento de obxectos) a información sobre o mundo real do usuario convértese en interactiva e dixitalmente manipulable. A información sobre a contorna e os seus obxectos é sobreposta ó mundo real. Esta información pode ser virtual[4][5][6][7][8] ou real, por exemplo a visión doutra información real ou medida como as ondas de radio electromagnéticas sobrepostas en liña exactamente no lugar onde realmente están no espazo.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Graham, M., Zook, M., and Boulton, A. "Augmented reality in urban places: contested content and the duplicity of code." Transactions of the Institute of British Geographers, DOI: 10.1111/j.1475-5661.2012.00539.x 2012.
  2. Steuer, Jonathan. Defining Virtual Reality: Dimensions Determining Telepresence, Department of Communication, Stanford University. 15 October 1993.
  3. Introducing Virtual Environments National Center for Supercomputing Applications, University of Illinois.
  4. Chen, Brian X. If You’re Not Seeing Data, You’re Not Seeing, Wired, 25 August 2009.
  5. Maxwell, Kerry. Augmented Reality, Macmillan Dictionary Buzzword.
  6. Augmented reality-Everything about AR, Augmented Reality On.
  7. Azuma, Ronald. A Survey of Augmented Reality Presence: Teleoperators and Virtual Environments, pp. 355–385, August 1997.
  8. Zhanpeng, H.,Pan H., et al. Mobile augmented reality survey: a bottom-up approach.
  9. Phenomenal Augmented Reality, IEEE Consumer Electronics, Volume 4, No. 4, October 2015, cover+pp92-97
  10. Time-frequency perspectives, with applications, in Advances in Machine Vision, Strategies and Applications, World Scientific Series in Computer Science: Volume 32, C Archibald and Emil Petriu, Cover + pp99-128, 1992.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]