Realia (obxectos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folleto da Seattle Public Schools sobre o uso seguro das bicicletas (1937). Washington, USA

Denomínase realia a todo tipo de obxectos que, sen ser deseñados especificamente para a aprendizaxe, utilízanse nos procesos formativos e educativos. Así por exemplo, os folletos, os carteis, a prensa, os alimentos, os obxectos da vida cotiá etc. son fontes de aprendizaxe que poden utilizarse para a aprendizaxe, aínda que orixinariamente non fosen creados para esa finalidade.[1][2][3]

Definición[editar | editar a fonte]

... Chamamos realia á introdución no espazo educativo de obxectos pertencentes ao contorno habitual no que se desenvolve a diario o docente coa finalidade de apoiar na súa presenza a construción do coñecemento.[4]

Exemplos[editar | editar a fonte]

É frecuente e tradicional o seu uso para as clases de ciencias, de idiomas ou artísticas. Así, por exemplo, considéranse os seguintes:

Características[editar | editar a fonte]

Pódense estabelecer as seguintes características dos realia[4]:

  • Proximidade: o alumnado sente os recursos utilizados como parte da súa contorna e recoñéceos como fonte de aprendizaxe.
  • Familiaridade: elévase o cotián ao nivel da cultura académica.
  • Pertenza: senten os realia como propios como unha achega persoal.
  • Significatividade: os recursos teñen significado e axudan a comprender os conceptos.
  • Implicación: busca a vinculación cos problemas do alumno e alumna implicándoos na súa resolución.
  • Concatenación: permite relacionar os obxectos, os instrumentos, os procedementos, os feitos e os conceptos pasando duns a outros con facilidade.
  • Transferencia: permite dotar a teoría que se constrúe na escola de aplicabilidade á realidade e a novas situacións coas que se atope o estudante.

Clases[editar | editar a fonte]

Podemos estabelecer as seguintes clases de realia[4]:

  • Obxectos provistos de información: xornais, películas, carteis, cancións, envases etc.
  • Obxectos dignos de ser coñecidos: un compás, unha mazá, un arado, un tear etc.
  • Obxectos que permiten accións sobre outros obxectos: un sacacorchos, un tubo, unha roca, unha agulla etc.
  • Manipulábeis: botóns, macarróns, abelorios, fabas etc.
  • Materias primas: papel, area, arame, fariña etc.

Realia virtuais[editar | editar a fonte]

Aínda que o que describimos focaliza en grande medida obxectos non dixitais, é posíbel transferir o concepto á realidade virtual. Neste caso, poden considerarse realia virtuais os recursos, contornas e obxectos dixitais susceptíbeis de ser utilizados para a aprendizaxe aínda que non sexan deseñados con esa finalidade. Podemos atopar numerosos recursos que cumpren esta definición como gravacións, xogos, documentos, webs, noticias, datos etc. Neste campo, tócase con outra denominación que se utiliza no campo dixital: o obxecto de aprendizaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bouso, José Luis Murado (2010-07-23). Didáctica de inglés en educación infantil: Métodos para la enseñanza y el aprendizaje de la lengua inglesa (en castelán). Ideaspropias Editorial S.L. Consultado o 2022-09-17. 
  2. M. ª Mercedes, Molina Moreno; Berta, Guerrero Fernández; Jesús, Cardoso Pulido, Manuel; Gustavo, Horacio Bombini; Santiago, Fabregat Barrios; Teresa, Mendes Mendes; Ana María, Pino Rodríguez; María, Carreño López; Juan, García Única (2020-09-03). Didáctica de la literatura infantil y juvenil en educación infantil y primaria (en castelán). Editorial Paraninfo. ISBN 978-84-283-4371-8. Consultado o 2022-09-17. 
  3. Vela, Ángel Gregorio Cano; López, Emilio Nieto (2006). Programación didáctica y de aula: de la teoría a la práctica docente (en castelán). Univ de Castilla La Mancha. ISBN 978-84-8427-488-9. Consultado o 2022-09-17. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Feliz, Tiberio; Sepúlveda, Félix; Gonzalo, Ramón (2008). "Los realia". Didáctica general para educadores sociales (en castelán). McGraw Hill. ISBN 978-84-481-6807-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]