Real Federación Española de Balonmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Federación Española de Balonmán
Fundación1941
PresidenteFrancisco V. Blázquez García
Sitio webhttps://www.rfebm.com

A Real Federación Española de Balonmán (RFEBM, en castelán: Real Federación Española de Balonmano) é o organismo reitor do balonmán e balonmán praia en España, e o responsable das seleccións nacionais. Foi fundada en 1941. A maio de 2019, tiña 924 clubs inscritos e 99 185 xogadores federados.[1]

Por delegación da federación, a Asociación de Clubs Españois de Balonmán (ASOBAL) organiza as catro principais competicións masculinas de clubs do país: a Liga ASOBAL, a Copa ASOBAL, a Copa do Rei e a Supercopa.[2]

Federacións territoriais[editar | editar a fonte]

Comunidade autónoma Federación
Andalucía Andalucía Federación Andaluza de Balonmano
Aragón Aragón Federación Aragonesa de Balonmano
Asturias Asturias Federación de Balonmano del Principado de Asturias
Illas Baleares Federació Balear d'Handbol
Canarias Canarias Federación Canaria de Balonmano
Cantabria Cantabria Federación Cántabra de Balonmano
Castela e León Castela e León Federación de Balonmano de Castilla y León
Castela-A Mancha Castela-A Mancha Federación de Balonmano de Castilla La-Mancha
Cataluña Cataluña Federació Catalana d'Handbol
Ceuta Federación Ceutí de Balonmano
Comunidade Valenciana Federació d'Handbol de la Comunitat Valenciana
Comunidade de Madrid Comunidade de Madrid Federación Madrileña de Balonmano
Estremadura Estremadura Federación Extremeña de Balonmano
Galicia Galicia Federación Galega de Balonmán
Melilla Federación Melillense de Balonmano
Murcia Rexión de Murcia Federación Murciana de Balonmano
Navarra Navarra Federación Navarra de Balonmano
País Vasco Euskal Eskubaloi Federazioa
A Rioxa A Rioxa Federación Riojana de Balonmano

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anuario de Estadísticas Deportivas 2019" (PDF). pp. 112 e 122. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2020. 
  2. Juan de Dios Román, nuevo presidente de la Federación de Balonmano elpais.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]