Real Casa da Moeda de Xubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desenbocadura do río Grande de Xuvia, á esquerda o muíño e á dereita Galicia Textil.

A Real Casa da Moeda de Xuvia situada en Neda foi unha ceca que fabricou moeda de cobre entre 1812 e 1868. Construiuse xunto ca Presa do Rei ás beiras do río Grande de Xuvia.

Estableceuse por orde de 1790 no lugar de Xuvia, parroquia de Santa María de Neda, Neda co nome de Fábrica Nacional de Cobrería, como fundición de cobre coa finalidade de forrar os barcos construídos no estaleiro de Ferrol, pero non comezou a produción ata 1803.

Historia[editar | editar a fonte]

8 Maravedíes de Fernando VII de 1817 cuñados en Xuvia.

Por mor da guerra contra dos franceses converteuse en ceca en 1811. En 1812 cuñáronse as primeiras moedas, concretamente era moedas de 8 marabedís. En anos posteriores tamén se cuñaron moedas de 2, 4 e en 1824 de 1 marabedí.

En 1815 a fábrica de moeda de Segovia comeza a cuñar moedas en nome de Fernando VII e Xuvia comezou a perder importancia, en 1819 vólvese a fabricar pranchas para os navíos da armada. Entre 1827 e 1835 deixouse de fabricar moeda, centrándose na fabricación de follas de lata.

En 1850 realizouse a primeira moeda do sistema moetario decimal, que se establecera oficialmente en 1848.

O 28 de agosto de 1850 deuse a orde de finalizar a fabricación de moedas en Xuvia, as últimas saíron da fábrica en setembro dese ano.

Entre 1866 e 1868 cúñanse moedas de medio, un, dous e medio e cinco céntimos de escudo. Actualmente as súas instalacións son unha fábrica de tecidos de Galicia Textil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jaime Paz Bernardo (1991). Las Monedas acuñadas en Galicia. ISBN 84-4043158-9. 
  • Pita Fernández, Ricardo Luís (1996). A Real Casa da Moeda de Xubia : breve historia e catálogo das súas cuñacións. ISBN 84-89641-37-4. 
  • Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). A Moeda en Galicia y Galicia na Moeda. ISBN 84-605-9958-2. 
  • Jaime Paz Bernardo (2002). MOEDAS GALEGAS do Século IX a.C. O Século XXI d.C .. 
  • Bello Platas, Ana Isabel (2006). A ceca de Xuvia. A derradeira fábrica de moeda de Galicia. ISBN 84-95460-55-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]