Raymond Damadian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaymond Damadian
Nome orixinal(hy) Ռայմոնդ Վահան Դամատեան Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1936 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Woodbury, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Juilliard
Universidade de Wisconsin-Madison
Albert Einstein College of Medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica médica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , inventor , físico , emprendedor , biofísico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Raymond Vahan Damadian, nado en Nova York o 16 de marzo de 1936 e finado en Woodbury (Nova York) o 3 de agosto de 2022,[1] foi un médico estadounidense, inventor da primeira máquina de escáner por resonancia magnética.[2]

A investigación de Damadian sobre o sodio e o potasio en células vivas levouno aos primeiros experimentos en resonancia nuclear magnética (NMR) que fixo que propuxese por vez primeira o escáner corporal en 1969. Damadian descubriu que os tumores e os tecidos normais poden diferenciarse in vivo mediante resonancia nuclear magnética (NMR) a causa dos seus prolongados tempos de relaxación, ambos T1 (spin-lattice relaxation) ou T2 (relaxación spin-spin). Damadian foi o primeiro en fabricar un escáner de corpo enteiro para un ser humano en 1977 para diagnosticar o cancro. Inventou un aparato e un método para empregar a NMR de forma segura e exacta para escanear o corpo humano, método coñecido como imaxe de resonancia magnética (MRI).[3]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Damadian recibiu unha Medalla Nacional de Tecnoloxía en 1988 e foi incluído no National Inventors Hall of Fame[4] en 1989. O seu escáner orixinal foi entregado ao Instituto Smithsoniano na década de 1980 e móstrase no National Inventors Hall of Fame de Ohio.[5] En 2001, o programa Lemelson-MIT Prize outorgou o seu premio de 100 000 dólares pola dedicación dunha vida a Damadian como "o home que inventou o escáner MRI".[6]

O Franklin Institute de Filadelfia recoñeceu o traballo de Damadian no MRI co Bower Award in Business Leadership. Foi nomeado polos Knights of Vartan en 2003 "Home do Ano". En setembro de 2003, recibiu o Premio de Innovación en Biociencia de The Economist.[5]

Creacionismo[editar | editar a fonte]

O 4 de febreiro de 2014, no debate Bill Nye–Ken Ham, Damadian foi un dos científicos que se gravou en vídeo indicando que crían no creacionismo da Terra nova para que o citase o presidente de Answers in Genesis, Ken Ham.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raymond Vahan Damadian, the Father of MRI, Chairman and Founder of FONAR Corporation, Dies at 86". Digital Journal (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2022. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  3. Inventor of the Week Archive
  4. "The man who did not win". Sydney Morning Herald. 17 de marzo de 2003. Consultado o 4 de agosto de 2007. 
  5. 5,0 5,1 "MRI's inside story". The Economist. 2003-12-04. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2007. Consultado o 5 de agosto de 2007. 
  6. Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award on Dr. Damadian as "the man who invented the MRI scanner"
  7. Chowdhury, Sudeshna (5 de febreiro de 2014). "Bill Nye versus Ken Ham: Who Won?". Christian Science Monitor. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  8. Nye, Bill; Ham, Ken (4 de febreiro de 2014). "Bill Nye Debates Ken Ham (video - 165:32)". YouTube. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • James Mattson e Merrill Simon. The Pioneers of NMR and Magnetic Resonance in Medicine: The Story of MRI. Jericho & Nova York: Bar-Ilan University Press, 1996. ISBN 0-9619243-1-4.
  • Donald P. Hollis. "Abusing Cancer Science: The Truth About NMR and Cancer", Chehalis, WA: Strawberry Fields Press, 1987. ISBN 0-942033-15-9.
  • Doug Sharp e Jerry Bergman. Persuaded by the Evidence: True Stories of Faith, Science, and the Power of a Creator, 2008. ISBN 0-89051-545-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]