Raychelle Burks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaychelle Burks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Iowa (pt) Traducir
University of Northern Iowa (en) Traducir
Universidade de Nebraska-Lincoln (pt) Traducir
Nebraska Wesleyan University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica analítica, química, comunicación da ciencia, public engagement (en) Traducir e ciência forense (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanalista química (pt) Traducir , científica , divulgadora científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSt. Edward's University (en) Traducir
American University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: DrRubidium Editar o valor em Wikidata

Raychelle Burks é unha profesora de química analítica na American University en Washington, D.C. e divulgadora científica. En 2020 foi galardoada pola Sociedade Americana de Química co premio Grady-Stack.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raychelle Burks obtivo a súa licenciatura en química na Universidade Northern Iowa, o mestrado en Ciencias Forenses na Universidade Wesleyan de Nebrasca, e o doutoramento en química na Universidade de Nebrasca-Lincoln, e foi investigadora asociada postoutoral no Doane College.[1]

Burks converteuse en Profesora Adxunta de Química na Universidade de St. Edward en Austin, Texas en 2016, onde ensinou e einvestigou até 2020. Logo mudouse a Washington, D.C. para unirse á facultade da Universidade Americana como Profesora Asociada de Química.[2]

A súa investigación actual céntrase no desenvolvemento de sensores colorimétricos de baixo custe para detectar substancias químicas de interese forense, incluíndo explosivos e drogas ilícitas.[3][4][5][6]

Burks é unha divulgadora científica moi popular. Tamén é unha defensora das mulleres e dos grupos subrepresentados na ciencia, falando das súas experiencias como muller negra en STEM.[7][8] En 2020, Burks apareceu no Festival de Cinema de Tribeca e no filme Picture a Scientist.[9][10][11]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2019 AAAS SE/Embaixador de THEN[12]
  • 2020 Premio Grady-Stack da Sociedade Americana de Química polo seu compromiso público[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raychelle Burks". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 2018-06-14. 
  2. "Raychelle Burks Associate Professor Chemistry" (en inglés). Consultado o 2020-06-11. 
  3. "Burks, Raychelle M.; Hage, David S. (2009-07-31). "Current trends in the detection of peroxide-based explosives". Analytical and Bioanalytical Chemistry. 395 (2): 301–313." 395. 2009-07-31: 301–313. ISSN 1618-2642. doi:10.1007/s00216-009-2968-5. 
  4. Okuom, Macduff O.; Burks, Raychelle; Naylor, Crysta; Holmes, Andrea E. (2015). ""Applied Circular Dichroism: A Facile Spectroscopic Tool for Configurational Assignment and Determination of Enantiopurity".". Journal of Analytical Methods in Chemistry. 2015: 1–6. 2015: 1–6. ISSN 2090-8865. PMC 4326340. doi:10.1155/2015/865605. 
  5. angas, Michael J.; Burks, Raychelle M.; Atwater, Jordyn; Lukowicz, Rachel M.; Williams, Pat; Holmes, Andrea E. (2017-03-04). ""Colorimetric Sensor Arrays for the Detection and Identification of Chemical Weapons and Explosives"". Critical Reviews in Analytical Chemistry. 47 (2): 138–153 47: 138–153. PMC 5351797. PMID 27636675. doi:10.1080/10408347.2016.1233805. 
  6. Burks, Raychelle M.; Pacquette, Shari E.; Guericke, Mike A.; Wilson, Mark V.; Symonsbergen, David J.; Lucas, Kerry A.; Holmes, Andrea E. (May 2010). ""DETECHIP®: A Sensor for Drugs of Abuse".". Journal of Forensic Sciences. 55 (3): 723–727. 55: 723–727. ISSN 0022-1198. doi:10.1111/j.1556-4029.2010.01323.x. 
  7. "Girls Love Science. We Tell Them Not To" (en inglés). 2014-07-17. Consultado o 2018-06-14. 
  8. "Scientists React to New Ruling Requiring NSF-Funded Institutions to Report Sexual Harassment" (en inglés). Consultado o 2018-06-15. 
  9. "Picture a scientist" (en inglés). Consultado o 2020-06-26. 
  10. "Three extraordinary women run the gauntlet of science — a documentary". Nature (en inglés) 583: 25–26. 2020-06-24. doi:10.1038/d41586-020-01912-6. Consultado o free. 
  11. "#PictureAScientist, imagina a un(a) científico(a)". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-10-23. Consultado o 2020-10-24. 
  12. "St. Edward’s Raychelle Burks Selected as AAAS IF/THEN Ambassador". Consultado o 2019-10-01. 
  13. "Raychelle Burks Wins ACS’ Grady-Stack Award for Science Communication". Consultado o 2019-10-01.