Rata de auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rata de auga
Water.vole.arp.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Cricetidae[2]
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: 'Arvicola'
Especie: ''A. amphibius[2]
Nome binomial
''Arvicola amphibius''
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Arvicola terrestris

A rata de auga, rata aguadeira, aguadana ou aguanón (Arvicola amphibius, Arvicola terrestris, Linnaeus, 1758) é un roedor da familia Muridae[3], que á súa vez pertence á superfamilia Muroidea. [4]

Descrición[editar | editar a fonte]

Posúen os fociños máis redondeados cós das ratas, a pelaxe é espesa e castaña, as orellas curtas e peludas e as patas son tamén peludas. É semiacuática. Pesa entre 150 e 280 gramos e o seu corpo ten unha lonxitude de entre 16 e 23 centímetros máis un rabo de 12 centímetros. Habita os cursos de auga nas zonas húmidas, alimentándose de plantas acuáticas. Reprodúcese entre marzo e outubro, xesta durante 21 días e ten 4 ou 5 camadas por ano con 2 a 7 crías por vez. A súa lonxevidade máxima é de 5 meses en liberdade, e de 2 anos e medio en catividade.

A rata de auga é un animal moi común nos ríos galegos, e tamén nos de España, Portugal e Francia. A especie está en grave risco de desaparición pola contaminación do seu hábitat pois só habita augas limpas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amori (1996). Arvicola terrestris. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 May 2006.
  2. 2,0 2,1 Modelo:MSW3 Musser
  3. Encyclopedia of Life.
  4. Non confundir coas seguintes especies: Arvicola sapidus(Miller, 1908). Arvicola scherman(Shaw, 1801).