Rasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rastafari.

A rasta é un tipo de peiteado formado por trenzas enleadas, característico dos rastafaris.[1] Moitas veces as rastas fórmanse de xeito non intencionado, e por mor da variedade de cabelos que existen, existen varios métodos para formalas, como o cardado. Un erro moi común é ter as ratas por un peiteado que non se pode lavar. Pola contra, moitos réximes de coidado das rastas requiren o lavado até por dúas veces á semana.[2]

Ás persoas con rastas chámanselle polo xeral rastafaris, pero non é un peiteado exclusivo dese movemento, xa que persoas de moitos grupos étnicos levaron rastas ó longo da historia, incluíndo pobos como os semitas de Oriente Próximo e Asia Menor, os primeiros clans escoceses, os maorís de Nova Zelandia, os maasai en África oriental, e algúns sufís e faquires da India, Nepal e Paquistán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Rasta», artigo no Diccionario de la lengua española. Madrid: Real Academia Española, 2001; consultado o 11 de agosto de 2009.
  2. "Making, growing, maintaining, and understanding dreadlocks. they used for ceremonial purposes in Jamaica.". Consultado o 16 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kroemer, K. (2001). Ergonomics. Englewood Cliffs: Prentice Hall. ISBN 0-13-752478-1. 
  • Publius (ou Caio) Cornelius Tacitus (AD98). De vita et moribus Iulii Agricolae.