Rašid Mahalbašić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rasid Mahalbasic»)
Rašid Mahalbašić
Hereda San Pablo  – No. 24
Información persoal
Nacemento 7 de novembro de 1990 (33 anos)
Eslovenia Jesenice, Eslovenia
Nacionalidade Eslovenia / Austria
Altura 2,10 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2018 / Rolda: Non drafteado
Internacional Austria Austria
Carreira 2006−presente
Historial de equipos
Wörthersee Piraten (2006–2010) ÖBB
Fenerbahçe Ülker (2010–2011) BSL
Tofaş S.K. (2010−2011) BSL
KK Split (2011) HT Premijer liga
Zlatorog Laško (2012) 1. SKL
Asseco Prokom (2012−2013) PLK / Euroliga
ČEZ Nymburk (2013−2014) NBL
BC Astana (2014−2015) VTB
Nizhny Novgorod (2015−2016) VTB
Yeşilgiresun Belediyespor (2010–2011) BSL
Real Betis (2016–2017) ACB
EWE Baskets Oldenburg (2017−2021) BBL
AS Monaco (2021) LNB Pro A
Río Breogán (2021−2022) ACB
Hereda San Pablo Burgos (2021−2022) LEB

Rašid Mahalbašić, nado o 7 de novembro de 1990 en Jesenice, Eslovenia, é un xogador austríaco de baloncesto profesional. Actualmente na Liga LEB, onde se desempeña na posición de pivote cunha altura de 2,10 m.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Jesenice, unha localidade situada ao norte de Eslovenia, na fronteira austríaca, Mahalbašić comezou a súa carreira como xogador de baloncesto profesional nos Kelag Wörthersee Piraten da Österreichische Basketball Bundesliga, a máxima categoría deste deporte en Austria. En febreiro de 2010 realizou unha proba co Montepaschi Siena da Serie A (LBA) italiana. Após o Adidas Eurocamp de Treviso realizado no verán dese mesmo ano, asina un contrato por seis anos co Fenerbahçe Ülker da Basketbol Süper Ligi e Euroliga.[1] Alí, entre decembro de 2010 e febreiro de 2011, é cedido ao Tofaş S.K., tamén da máxima categoría turca. Durante a súa cesión xoga contra precisamente contra o Fenerbahçe, conseguindo 14 puntos, 2 rebotes, 1 asistencia e 1 tapón.[2] Logo da cesión, volveu ao Fenerbahçe despois da lesión de Mirsad Türkcan, aínda que na seguinte temporada é cedido de novo, esta vez ao Split croata. Após regresar de volta ao equipo turco, en xaneiro de 2012, Mahalbašić rompe a súa vinculación co club e asina co Zlatorog Laško esloveno.

Na temporada 2012−13 asina polo Asseco Prokom da PLK polaca. Alí converteuse nun dos xogadores máis destacados cunha media de 11 puntos e 6,8 rebotes por xogo. Co equipo de Gdynia tamén chegou a súa estrea na Euroliga, onde en 10 encontros conseguiu unha media de 9,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na temporada seguinte asina polo ČEZ Nymburk checo, onde consegue 10,1 puntos e 6,3 rebotes por partido na competición doméstica e 11,3 puntos e 6,2 rebotes por encontro na Eurocup. Na temporada 2014−15, no BC Astana da VTB United League aumenta os seus rexistros até conseguir 14,6 puntos e 6,6 rebotes por encontro. AO ano seguinte continuou xogando na VTB League, esta vez no Nizhny Novgorod. Ao ano seguinte regresou á liga turca, empezando a temporada no Yeşilgiresun Belediye. Após nove encontros nos que conseguiu facer unha media de 11,2 puntos e 5,9 rebotes, asina polo Real Betis da Liga ACB. Tras finalizar a camapaña, Mahalbašić recala no EWE Baskets Oldenburg da Basketball Bundesliga alemá, onde permanece até 2021. Tras finalizar a súa vinculación, asina co AS Monaco para xogar os play-offs da LNB Pro A. O 22 de xullo de 2021 anúnciase a súa incoporación ao Río Breogán, equipo co que regresa á Liga ACB. No club lucense permance unha temporada, onde axuda ao equipo a disputar a Copa do Rei. Tras finalizar a temporada, o club lucense decide non renovar ao xogador, que asina posteriormente por un equipo da Liga LEB.

Equipos[editar | editar a fonte]

Rašid Mahalbašić xogou nos seguintes equipos ao longo da súa carreira profesional.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rasid Mahalbasic joins Fenerbahce Ulker Istanbul". Eurobasket (en inglés). 17 de setembro de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  2. "Rasid Mahalbasić 2010-11". TBLStat.net (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  3. "Rašid Mahalbašić player profile". Asia Basket. 22 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]