Rashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rashi
Rashi woodcut.jpg
Nacemento28 de febreiro de 1040
 Troyes
Falecemento13 de xullo de 1105
 Troyes
SoterradoTroyes
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo xudeu
RelixiónXudaísmo
Ocupaciónrabino
PaiYitzchak
FillosYocheved, Miriam e Rachel
Coñecido porRashi's commentary on the Torah e Rashi's commentary on the Talmud
editar datos en Wikidata ]

Shlomo Yitzchaki (en hebreo: רבי שלמה יצחקי; en latín: Salomon Isaacides; en francés: Salomon de Troyes), nado en Troyes o 22 de febreiro de 1040 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1105, coñecido polo acrónimo de Rashi (en hebreo: רש״י, RAbbi SHlomo Itzhaki), foi un rabino francés, autor de comentario sobre o Talmud e o Tanakh. Recoñecido pola súa habilidade para presentar o significado básico do texto nun estilo conciso e lúcido, Rashi chega aos grandes estudosos e os estudantes que se inician, e a súa obra permanece como unha obra central dos estudos xudeus contemporáneos. O seu comentario sobre o Talmud, que cobre case todo o Talmud babilónico (un total de 30 de 39 tratados, debido á súa morte), foi incluído en todas as edicións do Talmud dende a súa primeira impresión por parte de Daniel Bomberg na década de 1520. O seu comentario sobre o Tanakh, especialmente sobre o Chumash ("Cinco libros de Moisés"), serve como base de máis de trescentos "supercomentarios" que analizan a escolla de Rashi da lingua e as citas, escritos por algunhos dos maiores nomes da literatura rabínica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rashi contraeu matrimonio de moi novo e vaixou a Worms e Mainza, onde permaneceu oito anos en importantes centros de ensino xudeu en Alemaña. O seu coñecemento das fontes relixiosas en hebreo e arameo viuse enriquecido grazas ao seu acceso a documentos escritos en francés e alemán. Aos 25 anos regresou a Troyes onde comezou a súa carreira como mestre e escritor. Pouco despois organizou a súa propia escola en que centos de estudantes recibiron os beneficios da súa grande erudición e do seu particular método interpretativo.

Os seus últimos anos de vida, víronse afectados polos masacres cometidos contra familiares e amigos na primeira cruzada (1095-96).[2] Durante este período transferiu o seu Bet Hamidrash (casa de estudo) a Worms. Os seus descendentes herdaron esta cultura e fundaron a escola de comentaristas coñecida como Tosafot, nome que deriva da raíz hebrea que significa «agregar».

Legado[editar | editar a fonte]

Raschihaus, Museo Xudru, Worms, Alemaña.

O comentario de Rashi sobre o Talmud continúa a ser clave para os estudo e as interpretacións rabínicas contemporáneas. Sen o comentario de Rashi, o Talmud permanecería como un libro pechado.[3] Con el, calquera alumno introducido por un mestre no seu estudo pode continuar a aprender pola súa conta, descifrando a súa linguaxe e significado coa axuda de Rashi.

En 2006, a Jewish National and University Library da Universidade Hebrea montou unha exposición para conmemorar o 900.º aniversario da morte de Rashi (2005), mostrando obxectos raros da colección da biblioteca escrita por Rashi, ademais de varias obras doutros autores sobre el.

Supercomentarios[editar | editar a fonte]

Publicáronse voluminosos supercomentarios sobre os comentarios de Rashi sobre a Biblia e o Talmud, incluído Gur Aryeh do rabino Judah Loew (o Maharal), Sefer ha-Mizrachi do rabino Elijah Mizrachi (o Re'em) e Yeri'ot Shlomo do rabino Solomon Luria (o Maharshal). Case toda a literatura rabínica publicada dende a idade media, emprega a súa visión, ben como apoio, ben para debater contra ela.

As explicacións de Rashi sobre o Chumash tamén se citaron extensamente en Postillae Perpetuae de Nicholas de Lyra (1292–1340), franciscano francés. O libro de de Lyra foi unha das primeiras fontes empregadas na tradución da Biblia por Lutero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miller, Chaim (2013). "Rashi's Method of Biblical Commentary". chabad.org. 
  2. Singer & Adler 1901, p. 325.
  3. Zeitlin, Solomon (2 de outubro de 1940). "RASHI Rabbi Solomon of France". The American Jewish Year Book 41: 111–140. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]