Raquicéntridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cobia (Rachycentron canadum)

Os Raquicéntridos (Rachycentridae) son unha familia de peixes mariños da orde dos Perciformes, propia do Atlántico e Indopacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo longo, fusiforme ou subcilíndrico (alcanzando talles de 1,5-2 metros e pesos de ata 68 kg), coa cabeza deprimida (ancha e esmagada), ollos pequenos e boca terminal (prognata). A zona superior, lateral e ventral son de cor castaño escuro, con dúas bandas prateadas estreitas ben definidas.

Posúe de 6 a 9 espiñas libres trala cabeza. A aleta dorsal, única, ten 1-3 espiñas e 26-33 radios brandos, e a anal, tamén longa, 2-3 espiñas e 22-28 radios brandos. As pectorais son grandes e a caudal semilunar, co lobo superior máis longo có inferior.

Son peixes peláxicos e normalmente solitarios excepto cando se agrupan para a desova anual, non obstante poden reunirse ó redor de restos de naufraxios, boias, portos e outros elementos estruturais.

Habitualmente viven asociados a arrecifes e nun rango de profundidades de entre 0 e 1.200 m. Aliméntanse de crustáceos, luras e outros peixes, e pode seguir a tiburóns, tartarugase raias manta para aproveitar os restos das súas presas. Péscanse para consumo humano aínda que o seu valor comercial é escaso. Os grandes exemplares son estimados na pesca deportiva.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Só comprende un único xénero, Rachycentron, que á súa vez só comprende unha única especie, Rachycentron canadum, coñecido como cobia [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outros nomes populares, peixe pau, bacallau ou bonito negro, fan alusión á semellanza coas especies así chamadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]