Raquel Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raquel Castro
Nacemento1971
 Alxén
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e profesora
editar datos en Wikidata ]

Raquel Castro Martínez, nada en Alxén (Salvaterra de Miño) en 1971, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica dá clases de educación secundaria. En 1999 funda a Asociación Teatral de Alxén da que é presidenta e comeza a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á Asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. É secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.

No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello de O Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Entre fadas e lobos andamos todos : (dúas pezas para que representen nenos/as) (2013)
  • Nunca nevou que non escampase" (2012), teatro
  • A meiga e o emperador (2015), teatro
  • A vendedora de palabras (2015), teatro
  • As terapias da doutora Ledicia (Ed. Galaxia, 2016), teatro
  • N° atómico 74 (2017), novela
  • "A Carapuchiña pasa da carapucha vermella" (2017), teatro
  • "A princesa e o labrego" (2017), teatro
  • Bestiario doméstico (Ed. Galaxia, 2017), novela
  • O teleclú (Ed. Fervenza,2017) catro monólogos teatrais.
  • A formiga fóra do carreiro (teatro; Ed. Galaxia, 2018), teatro

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio de relato curto Francisco Fernández del Riego co relato "Pensamentos"
  • Premio de Honra 2014 no premio Estornela de Teatro por As terapias da doutora Ledicia.
  • Premio Igualando a lingua de relato curto do Concello de Cee co relato "Un café só" (2015)
  • As terapias da doutora Ledicia nominada a Mellor obra de teatro en galego do 2016 na Gala do libro Galego (2017)
  • A formiga fóra do carreiro, 2º Mellor libro de teatro en galego do 2018, en Fervenzas Literarias.
  • A formiga fóra do carreiro, finalista na Gala do libro galego 2019 na categoría de Teatro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]