Raquel Carrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raquel Carrera
Raquel Carrera.jpg
Valencia Basket  – No. 14
Información persoal
Nacemento 31 de outubro de 2001 (19 anos)
Galicia Ourense
Nacionalidade Galicia Galicia
Altura 1,88 m
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Canteira Pabellón Ourense
Celta de Vigo
Carreira desde 2016
Historial de equipos
Celta de Vigo (2016−2019) LF2
Valencia Basket (2019−) LF
Araski AES (2019−2020) LF

Raquel Carrera Quintana, nada en Ourense o 31 de outubro de 2001, é unha xogadora galega de baloncesto, que xoga no Valencia Basket da Liga Feminina española e na selección española.[1]

Mide 188 centímetros e xoga na posición de ala-pivote.[2] Tras formarse no Pabellón Ourense da súa cidade natal, fichou polo Celta de Vigo, onde aos 14 anos se converteu na xogadora máis nova en debutar co primeiro equipo. Tras catro tempadas no club vigués deu o salto á máxima categoría do baloncesto español fichando polo Valencia Basket.

En abril de 2021 deulle ao equipo valenciano o seu primeiro título, ao anotar os dous tiros libres decisivos na final da EuroCup contra o Reyer Venezia. Catro días despois fixo historia de novo ao ser elixida no 15º lugar do draft da WNBA polo Atlanta Dream, sendo este o posto máis alto acadado por unha xogadora española en toda a historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios en Ourense e Vigo (2001-2019)[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao baloncesto aos 7 anos no equipo do colexio San José - Josefinas de Ourense, e tras un breve paso polo Pabellón Ourense fichou polo Celta de Vigo.[3][4] No club vigués foi elixida MVP do Campionato de España cadete na tempada 2015/16.[5] En outubro de 2016, aos 14 anos, 11 meses e un día, debutou co primeiro equipo na Liga Feminina 2, converténdose na xogadora céltica máis nova da historia, desbancando a María Pérez Araújo.[6] Continuou dúas tempadas máis no Celta, e na derradeira delas, a 2018/19, tivo unha media de 12,3 puntos por partido e 17,6 de valoración, sendo ademais elixida MVP da fase de ascenso á Liga Feminina.[7][8]

Valencia Basket (2019-actualidade)[editar | editar a fonte]

En maio de 2019, aos 17 anos, converteuse en xogadora profesional, ao asinar un contrato por 5 tempadas co club Valencia Basket, da máxima categoría.[1][9][10][2] No seu primeiro ano foi cedida ao Araski AES de Vitoria,[11][12] e, aínda que a tempada foi cancelada antes do remate pola Pandemia de COVID-19, foi elixida como a xogadora con maior proxección da liga, despois de facer unha media de 6,3 puntos, 4,6 rebotes e de ser a quinta xogadora con máis tapóns da liga.[13]

Na tempada 2020/21 regresou da cesión e xogou co Valencia. Foi finalista da Copa da Raíña e debutou en competición europea na EuroCup, na que o seu equipo chegou invicto á final. Nas semifinais contra o Flammes Carolo Basket anotou 22 puntos e realizou 8 rebotes, con 27 de valoración.[14] Na final, disputada contra o Reyer Venezia italiano na cidade húngara de Szekszárd, o equipo veneciano gañaba por un punto a falta dun segundo, cando Raquel Carrera dispuxo de dous tiros libres. Anotou ambos lanzamentos, colocando o 81-82 no marcador e dándolle deste xeito ao club valenciano o primeiro título da súa historia.[15]

Catro días despois, o 15 de abril de 2021 foi elixida no posto 15 do Draft da WNBA polo Atlanta Dream, converténdose na española con mellor posto na historia do Draft.[16][17] Rematou a tempada como subcampioa de liga, despois de que o Valencia perdese a final contra o Perfumerías Avenida por 2-1.

Selección española[editar | editar a fonte]

Xogou nas categorías inferiores da selección española desde 2014, cando xogou coa selección sub-13 en Eslovenia.[18] Posteriormente pasou polas seleccións sub-14 e sub-15 e en xuño de 2016, cando tiña aínda 14 anos, disputou coa selección sub-17 o Campionato do Mundo sub-17 en Zaragoza.[19] Un mes despois gañou coa selección sub-16 o Campionato de Europa celebrado en Italia, aínda que non puido xogar nas semifinais nin na final por unha lesión sufrida no partido de cuartos de final.[20] Ao ano seguinte liderou á selección sub-16 nun novo Europeo, pero non puideron revalidar o título, ao caer en cuartos de final contra Italia, quedando finalmente co quinto lugar.[21]

En xullo de 2018 disputou o Campionato Europeo sub-18, no que o equipo español acabou subcampión tras perder a final contra Alemaña. Foi a mellor xogadora española na final, con 10 e 7 rebotes.[22] Ao mes seguinte xogou no Campionato do Mundo sub-17 en Minsk, onde España caeu en cuartos fronte aos Estados Unidos.[23]

En novembro de 2020 foi convocada por primeira vez pola selección española absoluta,[24] coa que debutou oficialmente o 23 de maio de 2021 nun amigable contra Francia.[25] Só unhas semanas despois entrou na convocatoria do seleccionador Lucas Mondelo para os Xogos Olímpicos de Toquio.[26] Xa na capital xaponesa, conseguiu co equipo español tres vitorias nos tres partidos da fase de grupos, contra Serbia, Canadá e Corea do Sur, caendo nos cuartos de final contra Francia nunha apertada final (64-67).[27]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Valencia Basket

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El Valencia Basket ficha a Raquel Carrera hasta 2024". 13 de maio de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Raquel Carrera: «Soy muy joven, pero en la pista no hay edades»". 8 de outubro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  3. "Raquel Carrera, talento humano y deportivo" (en castelán). 14 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  4. "Carrera, aquella niña de Josefinas". La Región (en castelán). 13 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  5. "Carrera, del Celta, mejor jugadora del Nacional cadete". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 29 de maio del 2016. p. 9. 
  6. "Raquel Carrera, la debutante más joven" (en castelán). 6 de outubro de 2016. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  7. "Raquel Carrera (Rpk Araski): estadisticas | MueveteBasket.es". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  8. "Raquel Carrera: «El MVP está bien pero prefería el ascenso»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  9. "Raquel Carrera se une al proyecto de Valencia Basket". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  10. "Raquel Carrera". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  11. "Raquel Carrera, ala-pívot de 17 años, llegada cedida al Rpk Araski. Noticias de Alava". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  12. "Una perla para el Araski llamada Raquel Carrera". 30 de agosto de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  13. "Raquel Carrera, elegida jugadora con mayor proyección de la temporada 2019/20 en la LF Endesa". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 31 de maio de 2020. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  14. Jiménez, Olga (13 de abril de 2021). "Raquel Carrera enamora en Europa" (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  15. "La ourensana Raquel Carrera da al Valencia su primer título europeo en el último segundo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  16. "Raquel Carrera, la mejor española en la historia del draft de la WNBA" (en castelán). 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  17. "A ourensá Raquel Carrera fai historia: número 15 do draft da WNBA". CRTVG. 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  18. Cachalvite, Andrés H. (30 de xuño de 2015). "Raquel Carrera confirma el buen estado de la cantera del básket de la provincia". La Región (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  19. "La selección española femenina de baloncesto ultima su preparación para el Mundial U17 en Zaragoza". Heraldo de Aragón (en castelán). 16 d xuño de 2016. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  20. "La céltica Carrera gana el Europeo" (en castelán). 15 de agosto de 2016. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  21. "Una MVP ourensana y celeste". Cadena SER (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  22. "Raquel Carrera se queda sin el oro europeo con España". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 2018. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  23. "Estados Unidos elimina a Carrera del Mundial". La Región (en castelán). 28 de xullo de 2018. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  24. "El equipo rojo arrolla al blanco en un buen debut de Carrera" (en castelán). 12 de novembro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  25. "España coge sensaciones y reparte minutos en Toulouse (66-57)" (en castelán). 23 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2021. 
  26. "Tamara Abalde y Raquel Carrera, a Tokio". Faro de Vigo (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  27. "Alba se queda sin medalla" (en castelán). 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]