Rapla
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | Estonia | |||
| Condados | Condado de Rapla | |||
| Concello rural | Concello de Rapla | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.355 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 4,67 km² | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 79511 | |||
| Prefixo telefónico | 048 | |||
Rapla (en alemán: Rappel) é unha cidade do centro de Estonia, capital do condado de Rapla. A vila atópase a 45 km ao suroeste de Talín. É o centro administrativo do concello de Rapla, ao que está adscrito, e o concello limita cos concellos de Kohila e Juuru ao norte, con Raikküla e Kehtna polo sur e co de Märjamaa, polo oeste. Na parte noroccidental, tamén limita co concello de Kernu, pertencente ao condado de Harju.
Historia
[editar | editar a fonte]Do ano 1241, é o Liber Census Daniæ, o primeiro documento que fai referencia á vila de Rapla por vez primeira, e aparece como Rapal.[1] A finais dese mesmo século foi cando se construíu a igrexa de María Magdalena, cuxo edificio actual, de nova construción, foi rematado no 1901.
Tanto a vila como a igrexa, orixinalmente, pertencían ao señorío de Alu.[2] Posteriormente, no 1478, pasou a depender do mosteiro de Padise. Non foi até 1705, que Alu e Rapla se separaron, formando unidades administrativas diferentes.[3] A cidade orixinouse arredor dunha casa señorial, da que non queda ningún edificio na actualidade.[4]
A mediados do século XIX, comezou un período de crecemento para Rapla cando, en 1866, se abre unha farmacia; no 1868, unha escola e no 1893, unha estación para dilixencias de correo. A partir de 1900, o concello beneficiouse da creación da liña de ferrocarril de vía estreita que unía Talín e Viljandi, e pasou a haber unha estación en Rapla. Durante este período, se estableceron preto de Rapla, unha fábrica de ladrillos e outra de refrescos.[2] Así e todo, a liña durou pouco tempo (1931-1968) pois foi pechada a finais da década dos anos 60.
No 1945, Rapla, dentro da República Socialista Soviética de Estonia obtivo a categoría de pequeno concello (alevik en estoniano). Finalmente, no 1993, obtivo os dereitos de cidade (vald, en estoniano) e no 2002, a cidade máis o concello rural circundante se fusionaron.[3]
Demografía
[editar | editar a fonte]| Evolución demográfica de Rapla | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1913[5] | 1941[5] | 1959[5] | 1979[5] | 1989[5] | 2000[5] | 2006[5] | 2011[6] | 2019 | 2020 | 2021[7] |
| 253 | 735 | 3 073 | 5 599 | 6 271 | 5 758 | 5 682 | 5 202 | 5 069 | 5 003 | 5 254 |

| Orixe | 1934 | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 2000 | 2011 | 2021 | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | |
| Estonianos | 975 | 98,1 | 2 462 | 80,1 | 3 998 | 91,0 | 5 070 | 90,6 | 5 647 | 90,0 | 5 387 | 93,6 | 4 981 | 95,8 | 5 022 | 95,6 |
| Rusos | 8 | 0,80 | - | - | 210 | 4,78 | 345 | 6,16 | 391 | 6,24 | 233 | 4,05 | 139 | 2,67 | 106 | 2,02 |
| Ucraínos | - | - | - | - | 21 | 0,48 | 32 | 0,57 | 40 | 0,64 | 33 | 0,57 | 17 | 0,33 | 19 | 0,36 |
| Belarusos | - | - | - | - | 26 | 0,59 | 22 | 0,39 | 21 | 0,33 | 11 | 0,19 | 4 | 0,08 | 3 | 0,06 |
| Fineses | - | - | - | - | 75 | 1,71 | 72 | 1,29 | 89 | 1,42 | 39 | 0,68 | 25 | 0,48 | 25 | 0,48 |
| Xudeus | - | - | - | - | 0 | 0,00 | 3 | 0,05 | 2 | 0,03 | 2 | 0,03 | 1 | 0,02 | 3 | 0,06 |
| Letóns | 3 | 0,30 | - | - | 2 | 0,05 | 4 | 0,07 | 1 | 0,02 | 2 | 0,03 | 2 | 0,04 | 8 | 0,15 |
| Alemáns | 5 | 0,50 | - | - | - | - | 32 | 0,57 | 41 | 0,65 | 9 | 0,16 | 8 | 0,15 | 8 | 0,15 |
| Tártaros | - | - | - | - | - | - | 1 | 0,02 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 |
| Polacos | - | - | - | - | - | - | 3 | 0,05 | 1 | 0,02 | 2 | 0,03 | 0 | 0,00 | 3 | 0,06 |
| Lituanos | - | - | - | - | 16 | 0,36 | 6 | 0,11 | 6 | 0,10 | 6 | 0,10 | 1 | 0,02 | 0 | 0,00 |
| descoñecido | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 10 | 0,17 | 2 | 0,04 | 19 | 0,36 |
| outros | 3 | 0,30 | 611 | 19,9 | 43 | 0,98 | 9 | 0,16 | 32 | 0,51 | 24 | 0,42 | 22 | 0,42 | 37 | 0,70 |
| Total | 994 | 100 | 3 073 | 100 | 4 391 | 100 | 5 599 | 100 | 6 271 | 100 | 5 758 | 100 | 5 202 | 100 | 5 254 | 99,9 |
Monumentos
[editar | editar a fonte]O principal monumento de Rapla é a igrexa de María Magdalena, de culto evanxélico luterano, e destaca polas súas grandes dimensións, ten unha capacidade de 3.000 persoas, o que a converte na igrexa máis grande de Estonia e conta con dúas torres na fachada.[8] Foi construída en 1901, en estilo neorrománico por Rudolf von Engelhardt.[9]
Galería
[editar | editar a fonte]- Estación de tren de Rapla.
- Centro cultural de Rapla.
- Vista da cidade.
- Edificio de entidade bancaria.
- Interior da igrexa de María Magdalena.
- Portada da Igrexa de María Magdalena.
- Construción da liña Rapla-Virtsu (1928).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rapla2". arhiiv.eki.ee (en estoniano). Consultado o 30 de abril de 2025.
- 1 2 "Rapla linna ajalugu". rapla-hh.weebly.com (en estoniano). Consultado o 30 de abril de 2025.
- 1 2 Rapla Vallavalitsus (2012), p. 5
- ↑ "Rapla mõis". register.muinas.ee (en estoniano). 2024. Consultado o 29 de abril de 2025.
- 1 2 3 4 5 6 7 "Rapla". entsyklopeedia.ee (en estoniano). 2011. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "RL004: POPULATION, 31 DECEMBER 2011 by Place of residence (settlement) and Indicator". andmed.stat.ee (en estoniano). Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "RL21422: POPULATION, 31 DECEMBER 2021 by Year, Age group, Place of residence, Sex and Citizenship". andmed.stat.ee (en estoniano). Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "Rapla Maarja-Magdaleena Church". visitestonia.com (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2025.
- ↑ Rapla Vallavalitsus (2012), p. 6
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rapla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rapla Vallavalitsus (2012). Rapla valla olukorra analüüs (PDF) (en estoniano). Rapla. Consultado o 30 de abril de 2025.
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |

