Randolph Bresnik
Randolph Bresnik | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 11 de setembro de 1967 |
Lugar | Fort Knox |
Nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Misións | STS-129, Soiuz MS-05, Expedición 52 e Expedición 53 |
Tempo no espazo | 10,80 días |
Premios | Medalla do Aire |
[ editar datos en Wikidata ] |
Randolph James Bresnik é un piloto de probas e astronauta estadounidense que participou nas misións STS-129 e Soiuz MS-05. Pasou un total de 10,80 días no espazo.[1]
Biografía[editar | editar a fonte]
Bresnik naceu o 11 de setembro de 1967 en Fort Knox, Kentucky. É graduado en Sistemas de Aviación pola Universidade de Tennessee-Knoxville en 2002 e polo Air War College en 2008. Está casado con Rebecca Burgin e ten un fillo e unha filla.[1]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004 e pasou a ser astronauta oficialmente en febreiro de 2006. Formou parte da tripulación das misións STS-129 e Soiuz MS-05.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Randolph “Komrade” Bresnik (Colonel, U.S. Marine Corps, Ret.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Randolph Bresnik |