Randeeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Borisov-Musatov, Dama en randeeira, 1897, óleo sobre tela, Galería Tretiakov.

Unha randeeira[1] ou arrandeadoiro[2] é unha cadeira cuxos pés están unidos a barras en forma de arco que permiten que a persoa sentada poida arrandear cara atrás e cara adiante.

Moitas persoas experimentan unha sensación de relaxación producida pola acción de balance. Ademais, a randeeira resulta cómoda porque o asento colócase automaticamente nunha posición na que o centro de gravidade da persoa está aliñado cos puntos de contacto, permitindo limitar os esforzos musculares do movemento corporal.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo un mito estadounidense, a randeeira sería inventada por Benjamin Franklin, aínda que ningunha nota da súa biografía o acredita. A orixe máis ben procede de Inglaterra no transcurso do século XVIII (arredor de 1725). A partir do século XIX, a randeeira comezou a ser fabricada por empresas de mobles, especialmente o taller de Duncan Phyfe, pioneiro en mobles de estilo Imperio en Nova York.[Cómpre referencia]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "randeeira". academia.gal. Consultado o 2023. 
  2. "arrandeadoiro". academia.gal. Consultado o 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]