Ramphocelus bresilius
Aparencia
Ramphocelus bresilius | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ramphocelus bresilius' (Linnaeus, 1766) |
O Ramphocelus bresilius é unha especie de ave paseriforme da familia Thraupidae endémica da rexión costeira do leste do Brasil, dende Paraíba cara ó sur até Santa Catarina.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O seu principal hábitat natural, son as restingas ou cordóns litorais do Atlántico, incluíndo tamén os bosques húmidos, bosques antigos moi degradados e matogueiras secas, tropicais ou subtropicais, de terras baixas.[2]
Fruxívoro, é doado de atopar na súa bioma natural, onde haxa alimentos dispoñibles. Tende a comportarse de xeito agresivo cara a outras especes de aves ó reclamar a comida. Pode aparecer nas cidades e pode verse nos arredores de Pão de Açúcar no Río de Xaneiro ou na Pista Cláudio Coutinho, que arrodea o parque, na base da montaña.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramphocelus bresilius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Pereira, José Felipe Monteiro (2008) Aves e Pássaros Comuns do Rio de Janeiro: 123. Río de Xaneiro: Technical Books. ISBN 978-85-61368-00-5