Ramom Muntxaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramom Muntxaraz
Nacemento1947
 Toledo
Falecemento29 de xuño de 2008
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Ramom Muntxaraz, nado en Toledo en 1947 e falecido en Compostela o 29 de xuño de 2008, foi un psiquiatra afincado en Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou a asociación "Gaiola" para a defensa dos dereitos dos enfermos mentais.

Logo de chegar a Galiza a finais dos anos 70, tras conseguir unha praza no Hospital Psiquiátrico de Conxo, militou en diversas organizacións vencelladas á esquerda independentista galega. Primeiro na Unión do Povo Galego, participando en 1982 na fundación do Bloque Nacionalista Galego. En 1986 participou na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional, unha das organizacións que dous anos despois daría lugar á Fronte Popular Galega. Despois pasou a formar parte da Assembleia do Povo Unido, ata a súa disolución a mediados dos anos 90. Ata a súa morte, aínda que xa non militaba en ningunha formación, seguíu a colaborar en plataformas como Causa Galiza.