Ramiro Pellitero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro Pellitero
Nacemento13 de xaneiro de 1956
 León
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Pellitero Iglesias, nado o 13 de xaneiro de 1956 en León, é un teólogo católico leonés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina pola USC en 1981, e posteriormente en Teoloxía pola Universidade de Navarra en 1985. En 1988 foi ordenado sacerdote do Opus Dei, e en 1992 doutorouse en Teoloxía pola mesma universidade, cunha tese sobre Yves Congar titulada "La teología del laicado en la obra de Yves Congar".[1]

Posteriormente pasou a ser profesor adxunto de Teoloxía pastoral na Universidade de Navarra, onde foi tamén até 1998 secretario do departamento de Eclesioloxía. En 1998 traballou como investigador asociado e deu clases na Universidade Católica de América.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La teología del laicado en la obra de Yves Congar (en castelán). Pamplona: Universidade de Navarra. 1996. 
  • Sacerdotes seculares, hoy: planteamientos, reflexiones y propuestas sobre la "secularidad" de los presbíteros (en castelán). Madrid: Palabra. 1997. 
  • Teología pastoral. Panorámica y perspectivas: una eclesiología práctica al alcance de todos (en castelán). Bilbao: Grafite. 2006. 
  • Ser Iglesia haciendo el mundo: los laicos en la nueva evangelización (en castelán). San José: Ediciones Promesa. 2007. 
  • Al hilo de un pontificado: el gran sí de Dios (en castelán). Pamplona: EUNSA. 2010. 
  • Al hilo de un pontificado: abrir las puertas a Dios y a los demás (en castelán). Pamplona: EUNSA. 2012. 
  • La sinfonía de la fe: redescubrir el Catecismo de la Iglesia Católica (en castelán). San José: Ediciones Promesa. 2013. 
  • Laicos en la nueva evangelización (en castelán). Madrid: Rialp. 2013. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pellitero, Ramiro (1996). La teología del laicado en la obra de Yves Congar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Navarra. ISBN 9788489561007.