Saltar ao contido

Rambla (urbanismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Rambla, en Barcelona, vista desde a estatua de Colón.

En urbanismo e arquitectura, unha rambla[1] é unha vía urbana típica de España e outros países de América Latina. Morfoloxicamente trátase dunha especie de avenida ou bulevar caracterizada por ter a meirande parte do seu espazo peonil no medio da avenida, mentres que as beirarrúas laterais adoitan ser estreitas. A rambla como estrutura de vertebración urbana predomina máis na parte mediterránea española, especialmente en Cataluña, onde se atopan multitude delas, como a Rambla de Catalunya. Tamén existen ramblas senlleiras en Santa Cruz de Tenerife, nas illas Canarias ou na Habana, en Cuba.

O termo "rambla" é un vocábulo árabe (rámla, areal) designado para nomear aos torrentes ou correntes de auga intermitentes.[2][3] O termo rambla, por tanto, comezouse a empregar en zonas áridas e con escaseza de chuvias agás en momentos puntuais, coma en Andalucía, Cataluña ou Valencia. Porén, o uso do termo rambla predominou en Cataluña, mentres que noutros lugares foi substituído polos termos riera ou torrente.

Ao teren un curso definido e seco a meirande parte do tempo, as ramblas convertéronse en cursos naturais de paso, camiños ou vías de comunicación. Tamén, en moitas ocasións, eran empregados como método de defensa natural, que complementaban ou substituían ás murallas na defensa do asedio ás cidades.[4] Coa urbanización de moitos destes territorios, os leitos e torrentes foron desviados, reencauzados ou urbanizados, dando lugar ás actuais ramblas coma avenidas ou bulevares.[5]

Ramblas urbanas

[editar | editar a fonte]

Algunas ramblas urbanas son:

Cataluña

[editar | editar a fonte]
  1. En galego non está recollido pola RAG o termo "rambla". González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
  2. "Rambla.". Toponomasticon Hispaniae. Consultado o 9 de abril de 2025. 
  3. Kostof, Spiro (2003). "The city shaped: urban patterns and meanings through history.". Bulfinch press: 352. ISBN 9780821220160. 
  4. Nahoum, Cohen (1999). "Urban conservation.". Cambridge: The MIT press.: 359. ISBN 978-0-262-53161-0. 
  5. "Las Ramblas en el crecimiento urbano de Barcelona" (PDF). Arquitectura y Urbanismo vol. XXXV, nº 1. 2014. ISSN 1815-5898. Consultado o 9 de abril de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]