Ramón del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón del Castillo

(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004Festival de Eurovisión 2004 Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 5c5aae76-bdfb-47d2-9814-5db7dd365690 Discogs: 2042361 Editar o valor em Wikidata
Participación de Ramón no festival de Eurovisión 2004

Ramón del Castillo Palop, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de maio de 1985, é un cantante español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 18 anos entrou na academia de Operación Triunfo e quedou clasificado en segunda posición. En 2004 foi seleccionado polos telespectadores do programa para representar a España no Festival de Eurovisión que se celebrou en Istambul (Turquía) co tema Para llenarme de ti, composto por Kike Santander. Foi o primeiro en actuar e quedou clasificado en 10ª posición de 36 participantes con 87 puntos recibindo as máximas puntuacións de Andorra (12), Portugal (12), Francia (8) e Israel (8)[1][2]. O seu primeiro álbum Es así lanzouse en 2004 con Vale Music, producido polos irmáns Toni e Xasqui Ten e masterizado por Claudio Giussani nos estudos Nautilus de Milán[3]. O álbum debutou no número seis na lista de vendas[4].

En outubro de 2006 publica Cambio de sentido esta vez con Multitrack Records, o seu novo traballo no que seis dos seus temas son escritos por el mesmo. En 2007 grava unha canción dedicada a un dos seus equipos, o Real Betis pola celebración do centenario do equipo verdibranco. Colaborou como xurado no programa ¡Quiero ser como Pepe! de Tv Canaria. En agosto de 2009 o cantante gravou o himno do equipo de fútbol Unión Deportiva Las Palmas[5].

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramón, representante español en Eurovisión". los40.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  2. "Ramón queda décimo nun Festival de Eurovisión ganado por Ucraína". los40.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  3. "Ramón, primeiro 'triunfito' de 'OT3' en gravar un disco". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  4. "Ramón, a entrada máis forte na lista de AFYVE, dominada unha vez máis por Camela". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  5. "Ramón graba un himno deportivo". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
Predecesor:
"Dime"
Beth

España no Festival de Eurovisión

2004
Sucesor:
"Brujería"
Son de sol