Ramón de Artaza Malvárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramón de Artaza y Malvárez»)
Infotaula de personaRamón de Artaza Malvárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1877 Editar o valor em Wikidata
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3389269

Ramón de Artaza Malvárez, nado en Muros o 6 de marzo de 1877 e finado na Coruña o 29 de decembro de 1976, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Necrolóxica en El Ideal Gallego.

Licenciado en Dereito. Foi rexistrador da propiedade en Castellote (provincia de Teruel) e Fuentesaúco (provincia de Zamora). Dirixiu a revista Tribuna Gallega editada polos emigrantes galegos en Madrid entre 1914 e 1915. Falanxista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ocupouse da administración do periódico falanxista Proa en León. Foi cronista oficial de Muros e escribiu varias obras de carácter histórico. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ante el palenque.
  • Recuerdos de la muy leal, muy noble y muy humanitaria villa de Muros, 1908.
  • El Serafín de Asís y su Orden Tercera, 1910.
  • Tres fechas memorables.
  • Reconquista de Santiago en 1809.
  • Historia de Muros y su distrito.
  • Muros: Páginas de su historia, 1922.
  • Da nosa terra. Folklorismo e historia, 1936.
  • Diego de Muros III.
  • Gelmírez y su época.
  • De mi tierra. Cuentos, decires y leyendas.
  • Gremios y cofradías (discurso de ingreso na RAG, 2019)[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con María Luisa Elices Gasset e con Mercedes Blázquez Jiménez-Arenas[3]. Foi pai de Ramón e Antonio de Artaza Blázquez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramón de Artaza y Malvárez". Real Academia Galega. 
  2. de Artaza Malvárez, R. (2019). Gremios y cofradías. Real Academia Galega. 
  3. "A nosa xente: Ramón de Artaza Malvárez". The Muros Times. 25 de febreiro de 2015.