Ramón Pérez Vispo
Ramón Pérez Vispo | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1904 |
Lugar de nacemento | Allariz |
Falecemento | 18 de xullo de 2000 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Enrique Pérez Losada |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Pérez Vispo,[1] coñecido como Peixuco, nado en Allariz o 18 de novembro de 1904 e finado no Saviñao o 18 de xullo de 2000, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou a Escairón con 23 anos para traballar como zapateiro. Pertenceu á Agrupación Socialista do Saviñao, sendo membro da súa directiva en 1935, e ao Centro Socialista y de Oficios Varios del Saviñao. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, permanecendo varios meses na prisión de Monforte de Lemos.[2] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Pasou un tempo na fronte de León e estivo nun campo de concentración do que logrou fuxir. Regresou a Escairón e permaneceu agochado nun pequeno burato da súa casa ata que o 4 de marzo de 1940 a Garda civil detivo a parte da súa familia (a súa muller Paz Losada Fernández e a súa cuñada Milagros Losada Fernández) para obrigalo a entregarse. Primeiro leváronas a Monforte de Lemos e despois a Lugo. Ramón entregouse o 8 de marzo xunto con Antonio Losada Ferreiro e Armando López Losada, pero aos familiares non os liberaron ata o día 28. Ramón foi xulgado por auxilio a rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Escairón con Paz Losada Fernández, coa que tivo tres fillos: Elisa, Paz e Enrique Pérez Losada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Ramón Pérez Bispo
- ↑ Otros documentos sobre nuestra "comarca de Lemos", durante la guerra civil.
- ↑ BOE, 27-10-1941, p. 8370.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Botana Iglesias, Rocío (2012). Fundación Luís Tilve, ed. O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela. pp. 362–363. ISBN 978-84-95773-26-5.
- Ramón Pérez Vispo. Vivencias de 'un topo' na comarca de O Saviñao. Asociación Cultural Xarela Formación-Animación. Barbadás, 2007.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ramón Pérez Vispo na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en represión franquista en Lugo