Ramón del Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón del Valle
Padre de Valle-Inclán.jpg
Nacemento1823
 Vilagarcia de Arousa
Falecemento1890
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e político
FillosRamón María del Valle-Inclán
editar datos en Wikidata ]

Ramón del Valle Bermúdez de Castro, nado en Vilanova de Arousa en 1823 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1890,[1] foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mariño, navegando como piloto contador no barco de guerra Atalaya. Despois foi secretario do Goberno civil de Pontevedra. Foi redactor de La Opinión Pública. En Vilagarcía foi director de El Eco de la Ría de Arosa e fundou La Voz de Arosa; tamén colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Poeta, foi laureado pola súa composición "A la ría de Arosa" nun certame de Compostela.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores de la Peña Montenegro e foi pai de Ramón María del Valle-Inclán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-1-1890, p. 1.
  2. "Ramón del Valle", El Correo Gallego, 22-2-1890, p. 1.