Ramón María Tenreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón María Tenreiro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Ramón Tenreiro Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramón María Tenreiro Rodríguez Editar o valor em Wikidata
1879 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1939 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Suíza Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , político , publicista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCristina Pedreira Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Tenreiro Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 72936


Ramón María Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña en 1879 e finado en Bine (Suíza) en 1939, foi un escritor e un político galego. Era irmán do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramón Tenreiro estudou no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña e logo en París, onde foi compañeiro de Picasso. De natureza enfermiza, aínda novo foille amputada unha perna. Licenciouse en Dereito. En 1908 quedou segundo no concurso de novelas breves de "El Cuento Semanal" con Embrujamiento. Foi crítico literario en La Lectura e colaborou en El Sol.

Amigo persoal de Manuel Azaña, foi militante de ORGA primeiramente e máis tarde seríao de Izquierda Republicana. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Cando estalou a guerra civil española foi nomeado secretario da embaixada española de Berna (Suíza). Faleceu en Bine, nas beiras do lago Neuchâtel, en 1939.

Escribiu narracións en lingua castelá e traduciu do alemán algunhas obras. Algunhas das súas narracións foron vertidas a outros idiomas. Así mesmo colaborou en diversas revistas e xornais.

Obra[editar | editar a fonte]

Autoría propia (selección)[editar | editar a fonte]

  • La agonía de Madrid o la cola del cometa (1910)
  • La promesa (1926)
  • La esclava del Señor (1927)
  • La ley del pecado (1930)

Traducións (selección)[editar | editar a fonte]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]