Ramón Losada Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Losada Fernández
Biografía
NacementoChantada Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , político Editar o valor em Wikidata

Ramón Elías Losada Fernández, nado en Chantada, foi un xastre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Losada Vázquez e Teresa Fernández Veira. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Chantada como agrario en 1924.[1] Foi elixido vogal da directiva da Asociación Republicana de Chantada presidida por Daniel Vázquez Campo en 1930,[2] bibliotecario en 1931,[3] e presidente en 1935.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937 por 25.000 pesetas[5][6] e foron postos a poxa os seus bens;[7] foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Rodríguez Cervelo e foi pai de Ramón, María Teresa, María Pilar, Concepción, Segundo e María Luisa Losada Rodríguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego,14-2-1924, p. 6.
  2. O espírito republicano de Vázquez Campo
  3. La Voz del Agro, 1-3-1931, p. 1.
  4. Alborada, 25-8-1935, p. 1.
  5. BOE, 17-4-1938, p. 6829.
  6. BOP Lugo, 23-11-1938, p. 2.
  7. BOP Lugo, 20-8-1938, p. 2.
  8. BOE, 9-4-1940, p. 1794.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]