Ramón García-Malvar Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramón García Malvar y Mariño»)
Infotaula de personaRamón García-Malvar Mariño
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 2014 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Ramón García-Malvar Mariño, nado en Noia en 1932 e finado no mesmo concello o 24 de outubro de 2014, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón García Malvar. Estudou o bacharelato cos xesuítas en Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse á carreira fiscal en 1959. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Valencia, e despois da de Xirona. En 1977 marchou á Audiencia de Ourense como fiscal xefe. O 31 de xullo de 1992 foi nomeado fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se retirou en 2004. Foi sancionado en 2003 con catro meses de suspensión pola suposta demora intencionada na tramitación dunha causa. A súa xestión foi criticada por PSOE e BNG, que o acusaron de actuar como parapeto xudicial da Xunta e do PP[1].

Bibliófilo, tiña unha importante biblioteca relacionada con Galicia e especialmente cos estudos históricos sobre Noia.

Predecesor:
Antonio Couceiro Tovar
Fiscal Superior de Galicia
1992-2004
Sucesor:
Carlos Varela García

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Concedéronlle a Cruz da orde de San Raimundo de Peñafort de primeira clase en 1985 e en 1996 a Cruz de Honra.
  • Foi nomeado fillo predilecto de Noia en febreiro de 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Malvar e Jiménez de Parga: polémicos antecesores". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 06 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]