Ramón Flecha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaRamón Flecha
Nome orixinal(es) Ramón Flecha García Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: R_Flecha Dialnet: 35664 Editar o valor em Wikidata

Ramón Flecha García, nado en Bilbao en 1952, é profesor de socioloxía da Universidade de Barcelona, doutor honoris causa pola Universidade do Oeste de Timisoara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1967, colaborou na creación dun centro cultural de actividades na zona máis pobre da súa cidade natal, Bilbao onde desde 1969 formou parte da clandestinidade contra a ditadura franquista. En 1978 trasladouse a Barcelona, onde fundou a Escola de Adultos Verneda-Sant Martí.[1] En 1991 fundou o grupo de investigación CREA, sendo o director do centro.[2][3] Estuda con Erik Olin Wright alternativas reais á economía capitalista.[4]

En 1995 presentou a primeira denuncia oficial por acoso sexual reincidente dun profesor contra varias alumnas a petición da estudante Lídia Puigvert incluíndo no seu escrito non só a análise do problema senón tamén a solución na creación de protocolos, comisión de igualdade, movemento oficial de estudantes.[5] Posteriormente dirixiu a tese de Ana Vidu, unha comparativa da primeira denuncia dun catedrático por acoso na Universidade de Barcelona, e a primeira en EEUU, en 1979, na Universidade de California-Berkeley.[6]

En 2010, a Federación de Asociaciones Xitanas de Cataluña concedeulle o premio FAGIC pola súa contribución ao recoñecemento do pobo xitano. En xuño de 2013 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito en Educación 2012 da Xunta de Andalucía.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Aroca, Montse (1999). "Voices Inside Schools - La Verneda-Sant Martí: A School Where People Dare to Dream". Harvard Educational Review (3(69)): 320-357. 
  2. Soler, Marta (8 de xullo de 2018). "Letter of gratitude to Ramón Flecha for the work he carried out as the Director of CREA" (PDF). creaub.info (en inglés). Archived from the original on 08 de xullo de 2018. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  3. Valls, R., Puigvert, L., Melgar, P. and Garcia-Yeste, C., 2016. Breaking the Silence at Spanish Universities Findings From the First Study of Violence Against Women on Campuses in Spain. Violence against women, p.1077801215627511. (Aquesta revista és primera d'aquest tema en el ranking JCR)
  4. Redondo, G., Santa Cruz, I. & Rotger, J. (2011). Why Mondragon? Analyzing what works in overcoming inequalities. Qualitative Inquiry, 17 (3), 277-283.doi: 10.1177/1077800410397806
  5. Joanpere, Mar (2022-11-08). "Omertá (113): La primera denuncia en una Universidad Española | DF Diario Feminista" (en castelán). Consultado o 2022-11-14. 
  6. "Ana Vidu: "Me preguntaron más por mi vida sexual que por el catedrático que denunciaba"". El Periodico (en castelán). 2022-01-22. Consultado o 2022-11-14. 
  7. Europa Press (18 de xuño de 2013). "Griñán preside la entrega de los Premios al Mérito Educativo con un alegato contra el "disparate" de reducir becas". 20 Minutos (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]