Ramón Encinas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de setembro de 1918 Ourense, España |
| Morte | 9 de agosto de 2014 Pontevedra, España |
| 6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| ← Juan Murillo de Valdivia (en) | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, fiscal |
| Premios | |
Ramón Encinas Diéguez, nado en Ourense o 4 de setembro de 1918 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2014, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño do futbolista e adestrador Ramón Encinas Dios,[1] cursou os primeiros estudos en Ourense, rematando o bacharelato en 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario e combateu no exército rebelde alcanzando o grao de capitán de Infantaría.[2] Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (1942-1945). Conseguiu o doutoramento na Universidade de Salamanca en 1946. Membro de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi fiscal en Xinzo de Limia e Verín, vicepresidente da Deputación de Ourense, oficial maior do concello de Ourense, secretario do Ministerio da Vivenda, subxefe provincial do Movimiento, conselleiro nacional e procurador en Cortes por Ourense (1964-1971), gobernador civil de Huesca, Pontevedra (1964-1970)[3] e Albacete,[4] xefe da asesoría xurídica de Caixa Ourense e director xeral de Caixa Pontevedra. Finou en Pontevedra o 9 de agosto de 2014.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1965.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Moncho Encinas, ha muerto". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de marzo de 1967. p. 16. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ La Noche, 10-4-1965, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-4-1965, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.
- ↑ Despedida al exgobernador civil Ramón Encinas Diéguez
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-5-1964, p. 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.