Ramón Cortegoso Fernández
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1957 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Partido político | Partido Popular de Galicia |
Ramón Cortegoso Fernández, nado en Madrid en 1957, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de Tui. Licenciado en Dereito e diplomado en comercio exterior. Foi asesor xurídico, secretario e voceiro da Asociación de Navieiros Galegos, secretario xeral da Asociación Galega de Graniteiros e asesor xurídico e xerente da Asociación Provincial de Empresas Consignatarias e Estibadoras (ACOESPO). Militante do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro en Vigo (1991-1997) e deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG na V lexislatura (1997-2001).