Raloxifeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raloxifeno.

O raloxifeno é un medicamento que está indicado no tratamento da osteoporose en mulleres posmenopáusicas. A súa acción principal é diminuír a probabilidade de que se produzan fracturas vertebrais neste grupo de pacientes, mais non diminúe o risco de fractura de cadeira.[1]

Pertence ó grupo terapéutico dos moduladores selectivos do receptor de estróxeno, polo que a súa acción débese a que se une ós receptores estroxénicos existentes en diferentes tecidos. No óso diminúe a resorción ósea, polo que favorece o aumento de masa ósea e diminúe a probabilidade de fractura vertebral. En troques, actúa sobre o útero de maneira antagonista ós estróxenos, polo que non provoca o crecemento do endometrio nas mulleres posmenopausicas nin causa sangrado uterino. Tampouco estimula o tecido mamario polo que ten acción antagonista sobre este órgano e inhibe o trofismo e por esas razóns é utilizado no tratamento de cancro de mama preferentemente, polo que se deixou de usar o tamoxifeno, que é un agonista parcial do receptor estroxénico en útero aínda que sexa antagonista de estróxenos en mama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raloxifeno. Ficha técnica o resumen de característiscas del producto. Agencia europea del medicamento. Consultado el 2 de enero de 2013.