Rakel Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rakel Peña
Nacemento1964
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Rakel Consuelo Peña Somavilla, coñecida como Rakel Peña, nada en Vitoria en 1964, é unha política abertzale, ex-parlamentaria vasca (1998-2001 e 2004-05) por Herri Batasuna, Euskal Herritarrok e Sozialista Abertzaleak.

Parlamentaria Vasca[editar | editar a fonte]

Rakel Peña, natural da cidade Vitoria, é de oficio administrativa.

En 1998, tras ser encarcerada a Mesa Nacional de Herri Batasuna, Rakel Peña foi elixida pola coalición abertzale para substituír como parlamentaria vasca a Mati Iturralde, unha das parlamentarias que foran encarceradas e inhabilitadas polo Tribunal Supremo. Por aquel entón, Peña, que procedía de Egizan, a organización feminista da esquerda abertzale, era pouco coñecida pola opinión pública vasca. Durante uns meses exerceu como voceira do seu grupo parlamentario.

En 1998, foi unha das promotoras da plataforma electoral Euskal Herritarrok, da que figurou como candidata por Áraba ó Parlamento Vasco. Nas eleccións autonómicas de 1998 saíu elixida parlamentaria. Peña manteríase no cargo até 2001, pero non sería reelixida nas seguintes eleccións autonómicas de 2001, debido ó forte descenso de votos de Euskal Herritarrok. Nesta lexislatura (1998-2001) foi a vicepresidenta segunda do Parlamento Vasco.

En 2001 o seu nome figura como o dun dos promotores de Batasuna, formación política xurdida pola refundación de Herri Batasuna. Peña sería elixida como unha das integrantes da Mesa Nacional de Batasuna. Con posterioridade non sería renovada como membro da Mesa Nacional.

En 2004, o seu compañeiro de partido Antton Morcillo dimitiu do seu cargo por motivos persoais, o que fixo que Rakel, a seguinte da lista accedese ó cargo de parlamentaria por terceira lexislatura consecutiva. Esta vez fíxoo no seo do grupo Sozialista Abertzaleak. Estivo no cargo até o final da lexislatura.

Durante a lexislatura 2004-08 non puido presentarse ó seren ilegalizadas as candidaturas de Batasuna.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]