Rafflesia
Rafflesia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Flor de R. arnoldii | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Ver texto |

Rafflesia é un xénero de plantas parasitas cun fedor penetrante. Habitan nos bosques húmidos do sueste asiático (na península de Malaca, Borneo, Sumatra, Xava e Filipinas).
Parsitismo
[editar | editar a fonte]É unha planta holoparasita de plantas vitáceas do xénero Tetrastigma, que estende o seu órgano de absorción, o haustorio, dentro do tecido do hóspede.[1]
Demostrouse que se produciron grandes transferencias horizontais de xenes desde a mitocondria das plantas hóspedes ás mitocondrias das Rafflesia, algo común en bacterias, pero raro en plantas.[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]As Rafflesia non teñen follas, unicamente sépalos convertidos en escamas. Non teñen un talo ben definido, pero as súas raíces son robustas e esténdense no seu hóspede; Consisten principalmente nunha flor de cinco pétalos cun diámetro de 90 a 110 cm totalmente aberta e un peso maior a 10 kg aproximadamente. As Rafflesia comunmente atraen moscas debido ao seu mal cheiro a carne en descomposición, que son as que efectúan a súa polinización sen recibiren ningunha recompensa. No medio da flor hai unha cavidade circular na que se atopa unha columna central, a cal está cuberta dunha serie de estames que producen e segregan o seu pole, líquido viscoso que lle dá ese cheiro característico á planta.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero describírono Robert Brown e Samuel Frederick Gray e publicouse en Ann. Philos. Mag. Chem. 16: 225. 1820.[3] O nome Rafflesia déuselle en honra do gobernador colonial británico Thomas Stamford Raffles.
Especies do xénero:
- Rafflesia arnoldii R.Br.
- Rafflesia azlanii Latiff & M.Wong
- Rafflesia baletei Barcelona & Cajano
- Rafflesia banahawensis Madulid, Villariba & Agoo
- Rafflesia bengkuluensis Susatya, Arianto & Mat-Salleh
- Rafflesia borneensis Koord.
- Rafflesia cantleyi Solms
- Rafflesia gadutensis Meijer
- Rafflesia hasseltii Suring.
- Rafflesia keithii Meijer
- Rafflesia lagascae Branco
- Rafflesia lobata R.Galang & Madulid
- Rafflesia manillana Teschem.
- Rafflesia mira Fernando & Ong
- Rafflesia patma Blume
- Rafflesia pricei Meijer
- Rafflesia rochussenii Teijsm. & Binn.
- Rafflesia schadenbergiana Göpp. ex Hieron.
- Rafflesia tengku-adlinii Mat-Salleh & Latiff
- Rafflesia tuan-mudae Becc. Si.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Shaw, Jonathan (marzo-abril de 2017). "Colossal Blossom: Pursuing the peculiar genetics of a parasitic plant". Harvard Magazine. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Molina, Jeanmaire; Hazzouri, Khaled M.; Nickrent, Daniel; Geisler, Matthew; Meyer, Rachel S.; et al. (2014). "Possible Loss of the Chloroplast Genome in the Parasitic Flowering Plant Rafflesia lagascae (Rafflesiaceae)". Molecular Biology and Evolution 31 (4): 793–803. PMC 3969568. PMID 24458431. doi:10.1093/molbev/msu051.
- ↑ "Rafflesia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 27 de outubro de 2014.