Raffaella Petrini
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1969 Roma, Italia |
| Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano | |
| 1 de marzo de 2025 – ← Fernando Vérgez Alzaga | |
| Presidenta Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano | |
| 1 de marzo de 2025 – ← Fernando Vérgez Alzaga | |
| Secretaria xeral Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano | |
| 4 de novembro de 2021 – 1 de marzo de 2025 ← Fernando Vérgez Alzaga – Emilio Nappa, Giuseppe Puglisi-Alibrandi → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Libera Università Internazionale degli Studi Sociali (pt) Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
| Actividade | |
| Ocupación | relixiosa católica, profesora universitaria, oficial |
| Empregador | Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano (2021–) Congregação para a Evangelização dos Povos (pt) Irmãs Franciscanas da Eucaristia (pt) Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
| Membro de | |
| Orde relixiosa | Irmãs Franciscanas da Eucaristia (pt) |
Raffaella Petrini, nada en Roma o 15 de xaneiro de 1969, é unha relixiosa católica italiana, que exerce como presidenta da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano desde marzo de 2025. Anteriormente foi secretaria xeral de dito órgano entre 2021 e 2025. É a primeira muller en ocupar ambos cargos, dous dos de maior rango no goberno. É membro das Irmás Franciscanas da Eucaristía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacida en Roma o 15 de xaneiro de 1969,[1] licenciouse en Ciencia política pola Libera Università Internazionale degli Studi Sociali (LUISS) de Roma.[2][3] Despois estudou na Barney School of Business da Universidade de Hartford (Connecticut), onde obtivo un mestrado en comportamento organizacional en 2001.[4][5][6] Ingresou na Universidade Pontificia de Santo Tomé de Aquino (Angelicum) en 2008, onde obtivo unha licenciatura en 2011 e un doutoramento en 2014. Posteriormente foi nomeada profesora alí e impartiu cursos de Economía do benestar e Socioloxía dos procesos económicos.[2][3]
De 2005 a 2021, traballou no na Congregación para a Evanxelización dos Pobos.[2] O 4 de novembro de 2021, o Papa Francisco nomeouna secretaria xeral da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano,[7] converténdose na primeira muller en ocupar o cargo.[2] O 13 de xullo de 2022, o Papa Francisco nomeou por primeira vez mulleres como membros do Dicasterio para os Bispos, incluíndo a Petrini, Yvonne Reungoat e María Lía Zervino.[8][9]
O 15 de febreiro de 2025, o Papa Francisco nomeou a Petrini presidenta da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano, con efecto a partir do 1 de marzo.[10][11] É a primeira muller en ocupar este cargo.[12] A súa autoridade foi suspendida por lei tras o falecemento do Papa Francisco en abril de 2025.[13] O sucesor deste, o Papa León XIV, confirmou o cargo de Petrini o 9 de maio, o día seguinte de asumir o liderado da Igrexa.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sr Raffaella Petrini appointed Secretary General of Vatican Governorate" (en inglés). 4 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rodari, Paolo (4 de novembro de 2021). "Vaticano, per la prima volta una suora nominata segretario del Governatorato" (en italiano). Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 "El Papa nombra a una mujer como ‘número dos’ del Gobierno del Vaticano". El País (en castelán). 4 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Sr. Raffaella Petrini, F.S.E." (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Who are the women appointed to the Vatican’s Dicastery for Bishops?" (en inglés). 13 de xullo de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "UHart Graduate Appointed First Female Secretary-General of Vatican City State" (en inglés). 17 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Rinunce e nomine, 04.11.2021". press.vatican.va (en italiano). Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Pope Francis names three women to Vatican office that recommends new bishops" (en inglés). 13 de xullo de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Rinunce e nomine, 13.07.2022". press.vatican.va (en italiano). Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Pope Francis: A woman will head the Vatican Governatorate" (en inglés). 19 de xaneiro de 2025. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Rinunce e nomine, 15.02.2025". press.vatican.va (en italiano). Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Pope Francis appoints an Italian nun as the first woman governor of Vatican City" (en inglés). 15 de febreiro de 2025. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Who stays in the Roman curia?" (en inglés). 23 de abril de 2025. Consultado o 4 de novembro de 2025.
- ↑ "Pope Leo temporarily confirms Vatican heads in current roles" (en inglés). 9 de maio de 2025. Consultado o 4 de novembro de 2025.