Rafael Romano Gracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Romano Gracia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1966 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Romano Gracia, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1966[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Cuba, onde foi funcionario no Departamento de Inmigración de España na Habana, sendo delegado da Junta Consular de Emigración. Traballou como xornalista, sendo xefe de redacción de Ideal Gallego. Regresou a España en xaneiro de 1935[2]. Dirixiu en Madrid a revista Galicia Universal e foi secretario xeral da Confederación Universal de Sociedade Galegas en Madrid (1936)[3]. En marzo de 1936 pasou a dirixir o periódico Democracia, portavoz de Unión Republicana na provincia de Ourense[4]. Colaborou en Cultura Gallega e foi correspondente da revista en Buenos Aires. Despois da Guerra civil foi recadador de cédulas da zona de Verín[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 2-4-1966, p. 17.
  2. El Pueblo Gallego, 11-1-1935, p. 12.
  3. El Pueblo Gallego, 6-3-1936, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p. 10.
  5. La Región, 1-5-1941, p. 2.