Saltar ao contido

Rafael Rodríguez Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Rodríguez Ruiz
Biografía
Nacemento10 de xullo de 2003 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Rafael Rodríguez Ruiz, coñecido simplemente como Rafa, nado en Sevilla o 10 de xullo de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Málaga, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista nas canteiras do Betis e do Málaga, debutou co Atlético Malagueño na Terceira División RFEF o 12 de setembro de 2021, nun partido contra o Motril.

Debutou co primeiro equipo do Málaga na Segunda División o 27 de maio de 2023, substituíndo a Álex Calvo nun empate 1-1 na casa contra o Ibiza, con ambos equipos xa descendidos.[1]

O 2 de xuño de 2025 renovou o seu contrato ata 2028 e ascendeu definitivamente ao primeiro equipo.[2]

  1. ↑ "Dos nuevos debuts para cerrar la Liga con 37 jugadores usados" (en castelán). 27 de maio de 2023. Consultado o 20 de outubro de 2025.
  2. ↑ "Rafa seguirá ligado al Club hasta 2028" (en castelán). 2 de xuño de 2025. Consultado o 20 de outubro de 2025.