Saltar ao contido

Rafael Pérez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Pérez Martínez
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Cados, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Mugueimes, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de altura Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Muíños
1983 – 1995
← Lisardo Quintas GrañaPlácido Álvarez Dobaño → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempregado de banca, político Editar o valor en Wikidata

Rafael Pérez Martínez, alcumado Tito, nado en Cados (Muíños) o 3 de febreiro de 1945[1] e finado o 17 de decembro de 2024 en Laxal[2] (Mugueimes, Muíños), foi un empregado de banca e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Director da Caixa de Aforros de Ourense en Muíños. Nas primeiras eleccións municipais democráticas foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muíños. Nese mandato foi designado deputado provincial, o único do PSdeG nesa corporación e por tanto o primeiro de toda a democracia. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido alcalde de Muíños grazas ao apoio dos concelleiros de AP. Nas municipais de 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, sendo ademais designado deputado provincial. Volveu revalidar a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1991. Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, por tan só 11 votos, e permaneceu como portavoz socialista no concello durante ese mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.


Predecesor:
Lisardo Quintas Graña
 
Alcalde de Muíños
 
1983 - 1995
Sucesor:
Plácido Álvarez Dobaño

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Finou ao caer do alto do galpón da casa familiar, mentres reparaba un furado na uralita[2]. Casara.

  1. Cumpleaños 03-02-2021
  2. 2,0 2,1 Fernández, Laura (2024-12-17). "Muere el exalcalde de Muíños Rafael Pérez, conocido como Tito, tras caer de un tejado". La Región (en castelán). Consultado o 2024-12-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]