Saltar ao contido

Rafael María de Labra Cadrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael María de Labra Cadrana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1840 Editar o valor en Wikidata
A Habana Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Presidente do Ateneo de Madrid
1913 – 1917
 Segismundo MoretRamón Menéndez Pidal 
Académico da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas
19 de maio de 1912 – 16 de abril de 1918
 Segismundo MoretAdolfo Pons y Umbert 
Senador do Reino
2 de xuño de 1901 – 16 de abril de 1918
Circunscrición electoral: Sociedade Económica de Amigos do País
Deputado das Cortes
29 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Guanabacoa
Senador do Reino
26 de abril de 1896 – 29 de abril de 1898
Circunscrición electoral: Universidade da Habana
Deputado das Cortes
4 de abril de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Guanabacoa
Reitor Institución Libre de Enseñanza
1885 – 16 de abril de 1918
Deputado das Cortes
9 de xuño de 1884 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Sabana Grande (pt) Traducir
Deputado das Cortes
20 de maio de 1879 – 9 de xuño de 1884
Circunscrición electoral: A Habana
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
27 de maio de 1872 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: Sabana Grande (pt) Traducir
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
8 de maio de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
Circunscrición electoral: Oviedo (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, abolicionista, escritor, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Labra y Cadrana (Rafael María de), p.217-218) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 141261 Galiciana: 11351 BNE: XX1128316 BUSC: 981013402439807712 Arquivo Histórico de Deputados: 58410

Rafael María de Labra Cadrana, nado na Habana o 7 de setembro de 1840 e finado en Madrid o 16 de abril de 1918, foi un ideólogo, político español, liberal e republicano, destacado abolicionista e prolífico escritor. Foi unha figura clave na campaña pola abolición da escravitude en Porto Rico e Cuba. Foi deputado, reitor da Institución Libre de Enseñanza, senador, membro de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas[1] e presidente do Ateneo de Madrid. Foi defensor da escola pública laica e da liberdade de ensinanza como alicerces da democracia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun matrimonio de acomodados labregos asturianos: Rafaela (natural de Xixón, filla do subintendente de Cuba Ignacio González Cadrana) e Ramón María de Labra (Cangas de Onís 1788-1870). Rafael María naceu na Habana, onde o seu pai estaba servindo como coronel dun rexemento.[2] Sendo aínda un neno trasladouse coa súa familia a España, onde residiron primeiro en Cádiz e, desde que cumpriu dez anos de idade, en Madrid. Na universidade desta cidade cursou os estudos de Filosofía e Letras e de Dereito, licenciándose como avogado en 1860.[3] Un ano antes recibira das mans de Salustiano de Olózaga un premio á elocuencia na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

O 15 de novembro de 1857 ingresou como membro do Ateneo de Madrid (co número 1769, presentado por Enrique Lemming, Fernando Cos-Gayón e Gabino María Armeiza), onde axiña se deu a coñecer polas súas destacadas capacidades como orador. Iniciouse no xornalismo en El Contemporáneo e La Discusión. Na Revista Hispano-Americana defendeu moi cedo a autonomía de Cuba.

Foi un destacado activista da Sociedad Abolicionista Española, fundada en 1865. Presidiu o seu comité executivo entre 1868 e 1876 e, posteriormente, ocupou a presidencia da propia sociedade,[4] que se disolveu en 1888, unha vez abolida a escravitude nos territorios hispánicos. A súa actividade antiescravista valeulle fortes inimistades en Cuba. Segundo recolle Miguel Moya en Oradores políticos,[5] un xornal integrista cubano chegou a abrir unha subscrición para recompensar a quen conseguise asasinalo: «Por sacarlle os ollos, 100. Por atravesarlle o corazón dunha puñalada, 500. Por arrastralo, 1.000 pesos».

Así mesmo, participou como relator nas conferencias dominicais sobre a educación da muller organizadas pola Universidade de Madrid, coa conferencia Sobre la mujer y la legislacion castellana (Madrid, 1869).[6]

En 1871 foi elixido deputado nas Cortes por Infiesto, en Asturias, sen pertencer a ningún partido político.[7] Labra conseguiu que a Asemblea Nacional aprobase a Lei de abolición da escravitude. Renunciou a ser ministro, inda que Francesc Pi i Margall e Nicolás Salmerón llo pediron.

Foi un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza en 1876. Exerceu como reitor da institución entre 1881 e 1882 e novamente desde 1885 ata 1918.[8]

Foi senador pola Universidade da Habana entre 1896 e 1898 e pola Sociedade Económica de Amigos do País de León entre 1901 e 1918.[9] Tamén foi un dos deputados e senadores homenaxeados por Solidaritat Catalana o 20 de maio de 1906 pola súa oposición no Senado á Lei de Xurisdicións.[10]

Publicou arredor de douscentos libros, entre os que se inclúen obras sobre as súas viaxes.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Real Academia de Ciencias Morales y Políticas
  2. 1 2 Enciclopedia de Oviedo
  3. Domingo Acebrón 2006, p. 28.
  4. Melón de Díaz, Esther (1975). Puerto Rico: Figuras, apuntes históricos, símbolos nacionales, páx. 131.
  5. Moya y de Ojanguren 1890.
  6. 1 2 Labra, Rafael María de (1869). Sobre la mujer y la legislación castellana. Conferencias dominicales sobre la educación de la mujer / Universidad de Madrid. [s.n.]
  7. Bueno Sánchez 2006.
  8. Vicente Hernández 1990, p. 68.
  9. Ficha de senador, Senado de España.
  10. La Ilustració Catalana, Barcelona, 20 de maio de 1906, ano IV, n.º 155, páx. 309.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
YouTube logo
Biblioteca Nacional de España (2018) "Mesa redonda: Labra y el abolicionismo"