Rafael Laso Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Laso Lorenzo
Rafael Laso Lorenzo (AELG)-3.jpg
Nacemento25 de xaneiro de 1965
 Xinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e Universidade de León
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e ensaio
EstudosEnxeñeiro Técnico Industrial
Na rede
AELG: 334
editar datos en Wikidata ]

Rafael Laso Lorenzo, nado en Xinzo de Limia o 25 de xaneiro de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Enxeñeiro Técnico Industrial pola Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo de Vigo, na especialidade de Electricidade (Centrais e Redes), e graduado en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade de León. Compaxina o seu traballo na empresa privada coa literatura.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Por que Baldomero Quintáns?, 2006, Deputación de Ourense.
  • Memoria contra Alzheimer, 2008, Xerais.
  • A vida que non é, 2008, Tambre.
  • O trasmundo de Antioquía, 2009, Edicións do Cumio.
  • Cartas ao director, 2012, Editorial Tambre.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Unha vida de ra, 2010, Editorial Tambre.
  • A revolta da lagoa, 2022, Editorial Tambre.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Estudio comparativo entre os Regulamentos Electrotécnicos de Baixa Tensión 1973 e 2002, 2004, Instalectra.

Entrevistas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Relatos de Verán 2002, 2002, Ir Indo Edicións.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Curtis treme, 2009, Concello de Curtis.
  • Relatos A Orola, 2009, Asociación Cultural Ponte Vella.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Limiaxinacións, 2010, Centro de Cultura Popular do Limia.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañador do III Certame de Narrativa Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense no 2005, por Por que Baldomero Quintáns.
  • Gañador do Premio de Narrativa do XII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López do Concello de Paradela no 2006.
  • Primeiro premio do XXIII Certame de narrativa Airiños do Xunco do Concello de Cervo no 2007.
  • Finalista no premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez no 2010.
  • Finalista do Premio Martín Sarmiento no 2010, por Unha vida de ra.
  • Premio Carlos Casares de Microrrelato do Liceo de Ourense no 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]