Rafael Hernández
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1891 ![]() Aguadilla, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 11 de decembro de 1965 ![]() San Xoán, Porto Rico ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio Santa María Magdalena de Pazzi ![]() |
Educación | Conservatorio Nacional de Música de México ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, cantautor ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América ![]() |
Conflito | Primeira Guerra Mundial ![]() |
Instrumento | Corneta ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Victoria Hernández ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Rafael Hernández Marín, alcumado El Jibarito, naceu en Aguadilla, Porto Rico, o 24 de outubro de 1891 e finou o 11 de decembro de 1965. Foi compositor portorriqueño de máis de 2.000 temas musicais, que acadou gran sona grazas aos seus boleros, entre os que figuran El cumbanchero, Campanitas de cristal ou Lamento Borincano. Amais, tamén era instrumentista, con destreza para a corneta, o violín, o trombón, a guitarra e mais o piano.